A alcaldesa convida ao tecido emprendedor de Lugo ao segundo almorzo de negocios Localmente Lucense deste xoves no CEI Nodus

Este novo encontro, baixo o título de ‘Presentar é vender’, servirá para fomentar o networking e as sinerxías entre os dos diferentes sectores produtivos lucenses.

En total, haberá dispoñibles 50 prazas. Para participar é necesario inscribirse en: https://localmentelucense.gal/almorzo-de-negocios/

Luns, 18 de abril de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa convida ao tecido emprendedor de Lugo ao segundo almorzo de negocios Localmente Lucense deste xoves no CEI Nodus

O Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo -CEI Nodus- acollerá este xoves, de 8:30 a 9:30 horas, o segundo almorzo de negocios enmarcado no movemento Localmente Lucense, posto en marcha pola alcaldesa, Lara Méndez, cun dobre obxectivo: consolidar o tecido empresarial da cidade; e, por outra banda, fomentar as compras nos establecementos de proximidade e dinamizar os barrios de Lugo.

Este novo encontro servirá para fomentar o networking e as sinerxías entre empresarios/as, emprendedores/as e traballadores/as dos diferentes sectores productivos lucenses. Celebrarase baixo o título ‘Presentar é vender’ e durante o mesmo intercambiaranse experiencias, problemas e solucións,  ademais de compartir recomendacións ou oportunidades de negocio, permitindo ampliar a rede de contactos profesionais de cada un dos participantes.

Lara Méndez, que convida ao tecido emprendedor e empresarial de Lugo a participar, lembrou que “en total realizaremos doce almorzos de negocio ao longo do ano, cada un versará sobre un tema diferente e realizarase nunha zona da cidade distinta, facilitando así a creación de lazos entre o empresariado lucense”.

En total, haberá dispoñibles 50 prazas. Para participar será necesario inscribirse a través da web: https://localmentelucense.gal/almorzo-de-negocios/

Localmente Lucense, un movemento pioneiro

O movemento Localmente Lucense, que se impulsa desde a área de Desenvolvemento Local e Emprego, coa concelleira Ana González Abelleira ao fronte, enmárcase na Estratexia global de dinamización, reconstrución e reactivación da economía de Lugo, deseñada pola rexedora para paliar as consecuencias da crise provocada pola Covid-19. Inclúe dous piares fundamentais:

Por unha banda, o Plan de fomento do emprendemento e consolidación empresarial dentro do cal se realizarán, ademais dos almorzos de negocios, charlas con empresarios locais e expertos nacionais; programas  de formación en áreas como administración e xestión, atención ao cliente, marketing, compras, comunicación, informática e comunicacións, internacional, marketing dixital, packaging, promoción e venda; asesoramento ‘in situ’ sobre escaparatismo ou iluminación; xornadas de portas abertas nos viveiros de empresas do Concello; ou e actividades de dinamización polo Día Internacional do Emprendemento.

E por outra, un Plan de dinamización de barrios, que se desenvolverá por cinco zonas da cidade, incluíndo todos os barrios lucenses, e que contempla a realización de actividades de ocio e lecer como tardeos, noiteos, con espectáculos musicais, concertos e actividades de entretemento; campañas estacionais e en datas sinaladas como San Valentín, Nadal, Samaín, rebaixas de inverno e de verán; ou a organización de mercadiños nas rúas.

Noticias relacionadas