A Alcaldesa asiste á presentación da nova tempada do Club de natación Portamiñá, co que colabora o Concello

Domingo, 26 de novembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
IMG-20171126-WA0001

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e outros membros da Corporación Municipal, así como o Deputado de Deportes, Pablo Rivera, asistiron este domingo nas piscinas municipais de Frigsa á presentación do Clube de natación Portamiñá, co que colabora o Concello e do que forman parte máis de 200 nadadores de todas as categorías que compiten en convocatorias galegas e estatais. Na presentación celebrouse unha exhibición de natación sincronizada así como a lectura dun manifesto contra a violencia de xénero.

Noticias relacionadas