Adxudicadas as obras para renovar o abastecemento e o saneamento e mellorar o pavimento no barrio de Casás

Manuel Núñez informou de que se realizarán obras de mellora do pavimento nas rúas Flor de Lirio, Rei Chiquito, Juana La Loca e no treito da rúa Mazaira con Camiño Verde

Tamén se levarán a cabo obras de mellora da accesibilidade en catorce rúas da cidade e a renovación do abastecemento no Paseo Álvaro Cunqueiro e na rúa Vila de Sarria

Xoves, 20 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Adxudicadas as obras para renovar o abastecemento e o saneamento e mellorar o pavimento no barrio de Casás

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, informou este xoves no Salón de Plenos de que se adxudicaron as obras de renovación da rede de abastecemento e saneamento e da mellora no pavimento do barrio de Casás. Estas actuacións saíron a licitación por un importe de 172.855 euros, producíndose na adxudicación unha baixa do trinta por cento.

Os traballos consisten na renovación da rede de saneamento e abastecemento no núcleo de Casás, a reposición de pavimentos, a base de mesturas bituminosas en quente, e a pavimentación, co mesmo material, das rúas Castiro, Monte Pena Rubia, Francisco Moure e Orquídea, no tramo entre a rúa Castiro e Avenida de Abuín, por mor do mal estado dos tubos de formigón antigos que provocan filtracións e frecuentes atascamentos. No caso da renovación do pavimento, é debido ao deterioro dos viais dada a antigüidade dos regos bituminosos existentes así como ao tránsito de vehículos que soportan. Os traballos teñen un prazo de execución de tres meses.

Por outra banda, o edil tamén explicou que “o día 24 de outubro iniciaranse as obras de mellora da accesibilidade e do saneamento de tres prazas do casco histórico, unhas obras que suporán un investimento de 153.569 euros e que se realizarán nas prazas Maior, da Soidade e Pío XII”. Estas actuacións, que se adxudicaron por un importe de 104.423 euros, enmárcanse dentro da 13ª fase do acordo de rehabilitación integral do Recinto Histórico de Lugo.

Obras na cidade

Manuel Núñez tamén anunciou esta mañá obras de conservación e mellora do pavimento nas rúas Flor de Lirio, Rei Chiquito, Juana La Loca e no treito da rúa Mazaira con Camiño Verde, que se licitarán por un orzamento que ascende a preto de 58.000 euros.

Ademais tamén levará a cabo actuación de mellora da accesibilidade en catorce rúas da cidade, entre as que figuran Miguel de Cervantes, Cadramón, Cedro, García Abad, Doutor Gasalla, Agro da Torna, San Xillao, Río Sil ou entre outras. Para estas tarefas a entidade local destina máis de 44.000 euros.

O edil tamén deu conta de que “se realizará a renovación da rede de abastecemento no Paseo Álvaro Cunqueiro e na rúa Vila de Sarria por un importe superior aos 54.000 euros”. No caso do Paseo Álvaro Cunqueiro substituiranse as tubaxes de fibrocemento e na rúa Vila de Sarria cambiaranse as tubaxes de plomo.

Audio

  • Manuel Núñez, sobre as obras para renovar o abastecemento e o saneamento do barrio de Casás |Descargar mp3

Noticias relacionadas