
O Concelleiro de Xuventude, Mauricio Repetto, comunica que quedan adiadas as sesións de esta fin de semana do obradoiro municipal sobre cultura urbana deportiva e artística, ante a previsión de mal choiva.
As actividades, que serán de balde, céntranse nos deportes de Skate e Bmx, así como na disciplina artística Stencil, técnica de arte urbano que artistas como Bansky axudaron a expandir e a internacionalizar.
Obradoiros dirixidos a poboación de 12 anos en adiante, aínda que tendo prioridade a xente máis moza, coordinados e impartidos por profesionais recoñecidos. Desenvolveranse na pista de Skate ubicada en Paulo Fabio Máximo, se as condicións meteorolóxicas o permiten.
As actividades lévanse a cabo, a través do Servizo de Prevención de Drogodependencias e outras adiccións e está incluída no programa +Xti.
Sesións:
- 17 Xuño Skate e Stencil 16:30 - 21:30h
- 18 Xuño Skate Bmx 16:30 - 21:30h – Adiada
- 19 Xuño Skate 10:30 - 14:30h – Adiada
- 24 Xuño Skate e Stencil 16:30 - 21:30h
- 25 Xuño Skate Bmx 16:30 - 21:30h
- 26 Xuño Skate 10:30 - 14:30h
- 1 Xullo Skate e Stencil 16:30 - 21:30h
- 2 Xullo Skate Bmx 16:30 - 21:30h
- 3 Xullo Skate 10:30 - 14:30h
- 8 Xullo Skate e Stencil 16:30 - 21:30h
- 9 Xullo Skate Bmx 16:30 - 21:30h