Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Adiadas as sesións de esta fin de semana do obradoiro municipal sobre cultura urbana deportiva e artística

Adiadas as sesións de esta fin de semana do obradoiro municipal sobre cultura urbana deportiva e artística

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xuventude,
    • Prevención de drogodependencias,
    • Programas xuvenís
Xoves, 16 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Adiadas as sesións de esta fin de semana do obradoiro municipal sobre cultura urbana deportiva e artística

O Concelleiro de Xuventude, Mauricio Repetto, comunica que quedan adiadas as sesións de esta fin de semana do obradoiro municipal sobre cultura urbana deportiva e artística, ante a previsión de mal choiva.

As actividades, que serán de balde, céntranse nos deportes de Skate e Bmx, así como  na disciplina artística Stencil, técnica de arte urbano que artistas como Bansky axudaron a expandir e a internacionalizar.

Obradoiros dirixidos a poboación de 12 anos en adiante, aínda que tendo prioridade a xente máis moza, coordinados e impartidos por profesionais recoñecidos. Desenvolveranse na pista de Skate ubicada en Paulo Fabio Máximo, se as condicións meteorolóxicas o permiten.

As actividades lévanse a cabo, a través do Servizo de Prevención de Drogodependencias e outras adiccións e está incluída no programa +Xti.

Sesións:

  • 17 Xuño Skate e Stencil 16:30 - 21:30h
  • 18 Xuño Skate Bmx 16:30 - 21:30h – Adiada
  • 19 Xuño Skate 10:30 - 14:30h – Adiada
  • 24 Xuño Skate e Stencil 16:30 - 21:30h
  • 25 Xuño Skate Bmx 16:30 - 21:30h
  • 26 Xuño Skate 10:30 - 14:30h
  • 1 Xullo Skate e Stencil 16:30 - 21:30h
  • 2 Xullo Skate Bmx 16:30 - 21:30h
  • 3 Xullo Skate 10:30 - 14:30h
  • 8 Xullo Skate e Stencil 16:30 - 21:30h
  • 9 Xullo Skate Bmx 16:30 - 21:30h

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/adiadas-sesions-de-esta-fin-de-semana-do-obradoiro-municipal-sobre-cultura-urbana-deportiva-e