Arroxo visitou a execución das obras do camiño que da acceso ao Colexo de Albeiros a través da rúa do Vento acompañado do Edil de Infraestruturas
A actuación consistiu na roza do camiño e acondicionamento do firme “para facilitar o transito de escolares que van a pé ata Albeiros ”

O Tenente-Alcalde, Rubén Arroxo, visitou o estado das obras do camiño que une as vivendas situadas en Garabolos coa rúa do Vento. “Trátase dunha intervención de escaso custo e fácil execución que facilitará enormemente o acceso ao centro escolar da zona para moitas familias” explicou Arroxo que sinalou “foi unha petición de veciñanza da zona e tratamos de executala o antes posible coincidindo co comenzo do curso”.
Arroxo visitou a execución das obras do camiño que da acceso ao Colexo de Albeiros a través da rúa do Vento acompañado do Edil de Infraestruturas. A actuación consistiu na roza do camiño e acondicionamento do firme “para facilitar o transito de escolares que van a pé ata Albeiros ”.