Os distintos artistas cchegarán a Lugo desde distinas zonas do mundo para realizar proxectos de investigación relacionados coas artes do movemento nas instalacións da área de Cultura.
A iniciativa, que xa vai pola súa cuarta edición, consolídase como un espazo de apoio á creación contemporánea en danza e artes en movemento, ofrecendo recursos, acompañamento e visibilidade a proxectos tanto locais como de ámbito estatal e internacional.
Maite Ferreiro: "ano tras ano vemos como o MIHL, pola súa singularidade e as súas capacidades, é un dos espazos máis reclamados para este proxecto".

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, achegáronse ao MIHL anunciou os 13 proxectos que desfrutarán dunha estadía en Lugo para realizar unha investigación arredor das artes do movemento dentro do ciclo de residencias artísticas Atopémonos Bailando, organizadas polo Colectivo Glovo en colaboración coa área de Cultura. Ferreiro afirmou que "con esta iniciativa consolidamos a Lugo como un dos puntos máis importantes nas artes do movemento", e destacou que "ano tras ano vemos como o MIHL, pola súa singularidade e as súas capacidades, é un dos espazos máis reclamados polas artistas para levar adiante este proxecto".
As 8 residencias que terán lugar en Lugo realizaranse entre os meses de abril e novembro de 2025. Cada unha delas terá unha duración de entre 5 e 10 días, e rematará cunha mostra aberta á veciñanza, onde se amosará o traballo realizado.
As 8 artistas e agrupación seleccionadas son:
- Ana Caetano (Portugal)
- María de Vicente (Galiza)
- La Basal (Madrid)
- Ana Lola Cosín e Lucas García (Asturias)
- Xián Martínez (Galiza)
- Natalia Navarro (Madrid)
- Fran Sieira (Galiza)
- Tania González (Asturias)
- María Ganzaráin e Terea Magallón (Aragón)
- Jesús Benzal (Madrid)
- Jessica Castellón e Boris Orihuela (Cádiz)
Os obxectivos deste ciclo de residencias son o impulso e apoio á creación e investigación en danza e artes do movemento de compañías de ámbito galego, estatal e internacional, creando un espazo para a realización de residencias de creación e investigación, con especial atención ás creadoras galegas, difundir e achegar os procesos de creación en danza contemporánea á veciñanza a través dunha programación de calidade, diversa, innovadora, internacional, gratuita e a través de programas de apertura de procesos de creación, crear un espazo de formación e práctica en danza contemporánea mediante a realización de obradoiros especializados para públicos xerais ou públicos profesionais e xerar colaboración e traballo en rede de axentes profesionais nacionais e internacionais mediante o intercambio de artistas e información de compañías.
Desde 2022, seis institucións artísticas forman parte do programa como colaboradoras, facilitando o intercambio entre Galiza, Portugal e Costa Rica. Estas institucións son: teatromosca de Portugal (AMAS - AUDITÓRIO MUNICIPAL ANTÓNIO SILVA), Teatro Experimental Flaviense de Portugal (Cine-Teatro Bento Martins), Quinzena de Dança de Almada de Portugal (International Dance Festival), Sede SóLODOS Costa Rica, Taller Nacional de Danza de Costa Rica e Festival LaboXL (Gipuzkoako Dantzagunea). Esta colaboración xorde do interese común en crear redes transfronteirizas con outras entidades e ampliar o alcance do programa.
Audio
- A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre as residencias artísticas | Descargar mp3


