10.000 euros máis para investir no comercio de Lugo coa campaña Merca e Gaña, que xa deixou beneficios de 1,6 millóns durante o Nadal

Lara Méndez, Álvaro Santos e José María Seijas entregaron os premios da campaña que puxo en marcha Concello, Deputación e Federación de Comercio, para incentivar as compras en 5.500 establecementos lucenses

Merca e Gaña deixou durante o Nadal no comercio da provincia beneficios de 1,6 millóns, que son o valor das 27.000 compras rexistradas

Os tíckets das mesmas participaron no sorteo telemático ante notario do que resultaron 40 gañadores de 20 tarxetas regalo de 300 euros e outras 20 de 200 euros

Hoxe os premiados recolleron os premios dun total de 10.000 euros, que poderán destinar unicamente a máis compras no comercio local da provincia de Lugo

Coñecéronse os gañadores do Concurso de escaparates de Nadal, que promoveu o Concello . Son Confecciones García, Óptica de la Torre e Peletería Lucus. Tamén se proxectaron os vídeos promocionais do comercio local feitos pola TIC

Venres, 26 de xaneiro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
10.000 euros máis para investir no comercio de Lugo coa campaña Merca e Gaña, que xa deixou beneficios de 1,6 millóns durante o Nadal

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, e o Presidente da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas, entregaron este venres, nun acto que tivo lugar no Vello Cárcere, os premios da campaña Merca e Gaña polo Nadal, que puxeron en marcha Concello, Deputación de Lugo e Federación de Comercio, co obxectivo de incentivar as compras nos comercios de proximidade, uns 5.500 na provincia, dos cales uns 700 están na capital lugesa. A campaña, de ámbito provincial, acadou uns beneficios de 1,6 millóns de euros, que son o valor das 27.000 compras rexistradas. Os tíckets das mesmas participaron no sorteo telemático do que resultaron 40 gañadores de 20 tarxetas regalo de 300 euros e outras 20 de 200. Hoxe os premiados recolleron os seus premios, dun total de 10.000 euros, que poderán destinar unicamente a máis compras no comercio local da provincia de Lugo. 

40 premiados

O sorteo dos premios de 10.000 euros de Merca e Gaña polo Nadal fíxose ante notario, incluíndo no mesmo os 27.000 tíckets con compras de 1,6 millóns de euros. Os veciños e veciñas que resultaron gañadores son os seguintes:

- Recibiron tarxetas de 300 euros: Rosario García Maseda, de Vilalba; Ana Pernas Cendán, de Vilalba; Marta López Rodríguez, de Lugo; Begoña López Silva, de Lugo; Amador Pardo, de Lugo; Isolina Rodríguez López, de Lugo; María Manteiga Valle, de Rábade; Jennifer Quiroga Cela, de Sarria; Ángel Gorgoso Belda, de Lugo; María Eugenia Fernández Touzón, de Lugo; Ángela Rincón Rodríguez, de Sarria; José Ramón Irimia Souto, de Lourenzá; Fabio Jato Alonso, de Lugo; María Carmen Rivas Rodríguez, de Foz; Montse López, de Sarria; Mª del Carmen González González, de Covas en Viveiro; Silvia Dopazo Fernández, de Lugo; María Teresa Fernández Luaces, de Monforte; Germán Ramírez, de Chantada; María Fernández Torneiro, de Lugo.

- Recibiron tarxetas de 200 euros: Patricia Vázquez Pena, de Viveiro; Pilar Arias Goyanes, de Sarria; Nerea Diéguez Porto, de Taboada; M. Nieves Cando López, de Burela; Cristina Fraga Novo, de Foz; Daniel Río Trigo, de Foz; Beatriz Irigoyen Vázquez, de Ribadeo; Susana Corbelle Gómez, de Lugo; Ana de Castro Rego, de Ribadeo; Cristina Otero Sanmiguel, de Guitiriz; Sonia Fernández Longarela, de Mondoñedo; Yasmina Díaz Rodríguez, de Sarria; Tamara Gayoso Felpeto, de Vilalba; Yolanda Lara Cruz, de Lugo; Miguel Ángel Doel Arias, de Lugo; Yolanda Maciñeiras Soengas, de Monforte; Dolores Nieto Milla, de Lugo; Anita Pérez Santín, de Becerreá; Antonio Souto Prieto, de Vilalba; e Marcos Cambeiro Vázquez, de Lugo.

Concurso de Escaparates de Nadal

Durante a entrega destes premios, na que tamén participou a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, tamén se coñeceron os 3 establecementos gañadores do Concurso de Escaparates de Nadal, co que Concello e Federación impulsan o traballo dos profesionais do sector do comercio. Os galardoados son Confecciones García, Óptica de la Torre e Peletería Lucus.

Colaboración da TIC da Deputación

Durante o acto de entrega destes premios, proxectáronse os vídeos promocionais sobre os establecemento da provincia que elaborou a TIC da Deputación co obxectivo de incentivar as compras no comercio local da provincia. Foi unha iniciativa máis da campaña Merca e Gaña polo Nadal. Esta desenvolveuse dende o 6 de decembro ao 6 de xaneiro. Durante este período, todas as persoas que mercaron en calquera dos establecementos da provincia rexistraron (eles mesmo ou coa axuda dos comerciantes) os seus tícket de compra, que foron un total de 27.000, en www.nadalmercaegana.com. Todos eles formaron parte do sorte dos premios de 10.000 euros entregados hoxe.

Multimedia

  • 10.000 euros máis para investir no comercio de Lugo coa campaña Merca e Gaña, que xa deixou beneficios de 1,6 millóns durante o Nadal

Noticias relacionadas