O Concello de Lugo consolida o avance da xestión urbanística e reforza o seu papel como motor de desenvolvemento económico da cidade

 Entre outros fitos, avanza a tramitación do proxecto de urbanización do Polígono único S-16R, actualmente en fase de avaliación ambiental e con informes sectoriais solicitados.

Outro dos indicadores do dinamismo urbanístico da cidade é a constitución de novas Xuntas de Compensación, instrumento esencial para a xestión do solo. Nos últimos meses, formalizouse a constitución das Xuntas dos sectores S-16R e S-5I.

“A planificación e a tramitación urbanística son ferramentas esenciais para garantir un desenvolvemento sostible e equilibrado, que combine o crecemento urbano coa calidade de vida da veciñanza e a protección do territorio”, subliñou Jorge Bustos.

Venres, 14 de novembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo consolida o avance da xestión urbanística e reforza o seu papel como motor de desenvolvemento económico da cidade

 O edil de Urbanismo,Jorge Bustos fixo esta mañá  un extenso balance dos avances acadados nos últimos meses en materia de xestión urbanística, un ámbito clave para o crecemento ordenado da cidade e a activación de proxectos que xeran emprego e actividade económica no sector da construción e do solo. “A planificación e a tramitación urbanística son ferramentas esenciais para garantir un desenvolvemento sostible e equilibrado, que combine o crecemento urbano coa calidade de vida da veciñanza e a protección do territorio”, subliñou o edil responsable da área, Jorge Bustos.

“A actividade administrativa que se está a levar a cabo desde o departamento de Urbanismo demostra que Lugo é unha cidade en movemento, que planifica o seu futuro e que traballa para ofrecer seguridade xurídica aos promotores, investidores e profesionais do sector. Cada proxecto aprobado ou en tramitación supón máis emprego, máis actividade económica e máis cohesión para o municipio”, engadiu Bustos antes de debullar os datos.

Proxectos de urbanización

Durante o últimos meses, o Concello avanzou en diferentes proxectos clave para o desenvolvemento urbano de Lugo. Entre eles, se atopa en execución o desdobramento e humanización da avenida Infanta Elena, Duquesa de Lugo, impulsado pola Deputación Provincial, unha actuación estratéxica que mellorará a mobilidade e a seguridade viaria.

En paralelo, se produciron avances na tramitación do proxecto de urbanización do Polígono único S-16R, actualmente en fase de avaliación ambiental e con informes sectoriais solicitados. Neste sentido, Bustos subliñou a importancia de “manter o equilibrio entre o crecemento e a calidade urbana, apostando por un modelo de cidade sostible e amable, que combine espazo público, vivenda e servizos”.

Proxectos de compensación

O Concello tamén rexistrou progresos relevantes na tramitación de proxectos de compensación urbanística, que permiten avanzar na ordenación do solo e na futura implantación de novos servizos e vivendas.  

Xuntas de compensación

Outro dos indicadores do dinamismo urbanístico da cidade é a constitución de novas Xuntas de Compensación, instrumento esencial para a xestión do solo urbano. Nos últimos meses, formalizouse a constitución das Xuntas dos sectores S-16R e S-5I, impulsadas polas entidades promotoras Bipahura S.L. e Dmanan, respectivamente. Estes pasos representan un avance significativo na mobilización de solo urbanizable, que permitirá o desenvolvemento de novos proxectos residenciais e de infraestruturas, aumentando o parque de viviendas novas e mellorando a mobilidade, respectivamente.

Recepción de obras de urbanización

O área que dirixe Jorge Bustos continuou coa revisión e recepción das obras de urbanización xa executadas, paso imprescindible para a posta en servizo de novos espazos e a obtención de licenzas de edificación. Neste sentido, xa foi recibida a unidade de actuación Norte 26 (URPI 11), mentres que se produciron avances nos procesos de recepción das urbanizacións de Saamasas e Río Eo, que avanzan considerablemente e  se atopan neste momento pendentes de informes técnicos ou de emendas menores.

Expropiacións e regularización de solo

O Concello tamén avanzou en diferentes procesos de expropiación forzosa, tanto de propietarios non incorporados ao Sector S-16R, como no expediente do Sagrado Corazón, promovido directamente polo Concello de Lugo, que foi remitido xa ao Diario Oficial de Galicia. Estas actuacións permiten dar seguridade xurídica aos propietarios e desbloquear actuacións urbanísticas de interese público, garantindo o cumprimento da normativa e a equidade nos procesos de desenvolvemento urbano.

“O traballo levado a cabo nestes últimos meses amosa un departamento en plena actividade, con múltiples proxectos en execución e outros en fase avanzada de tramitación, que reafirman o papel do Concello de Lugo como impulsor do desenvolvemento económico, a planificación ordenada e a creación de emprego. O urbanismo non é só unha cuestión administrativa, é un motor económico e social. Cada proxecto que se impulsa desde o Concello significa novos empregos, máis investimento e máis oportunidades para Lugo”, rematou o edil.

Noticias relacionadas