A área de Cultura do Concello entrega os premios do 25º Certame de Pintura Rápida Cidade de Lugo

A actividade reuniu a decenas de artistas que ao longo da xornada representaron diferentes escenas urbanas e paisaxes da cidade.

Desde a Concellería salientaron a boa acollida da convocatoria e agradeceron a participación e implicación tanto das persoas artistas como da cidadanía.

Domingo, 13 de xullo de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Cultura do Concello entrega os premios do 25º Certame de Pintura Rápida Cidade de Lugo

A Praza Maior acolleu este domingo a entrega dos premios do 25º Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo, unha das citas máis consolidadas do verán cultural lucense. A actividade, organizada pola Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, reuniu a decenas de artistas que ao longo da xornada representaron diferentes escenas urbanas e paisaxes da cidade.

O concelleiro Alexandre Penas foi o encargado de entregar os galardóns tras a deliberación do xurado, composto por profesionais das artes plásticas. “Este certame converte Lugo nun espazo de creación e participación, visibilizando o talento artístico e ofrecendo á veciñanza unha maneira diferente de mirar a cidade”, sinalou o edil durante o acto.

O xurado desta edición estivo formado por profesionais no ámbito artístico e creativo: Laura Romero Pereira, ilustradora e integrante da AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración); Pablo Ferreiro Mazón, arquitecto e profesor da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo; e Sara Pérez Cruz, ilustradora e vocal do grupo Nebra. A súa valoración destacou a calidade técnica, a orixinalidade e a interpretación persoal da cidade nas obras presentadas.

As persoas gañadoras desta 25ª edición foron:

  • 1º premio (1.600,00 €) e diploma: Manuel Carballeira Rivas
  • 2º premio (1.100,00 €) e diploma: Isabell Seidel
  • 3º premio (900,00 €) e diploma: Rafael Dueñas Carazo
  • Accésit Premio (300,00 €) e diploma: Benigno Rodríguez Sánchez
  • Accésit Premio (300,00 €) e diploma: Rafael Carrascal García
  • Accésit Premio (300,00 €) e diploma: Diego Manuel Fernández González "Columé"
  • Accésit Premio (300,00 €) e diploma: Juan Carlos Triñanes Buceta
  • Accésit Premio (300,00 €) e diploma: Andrés Gabarres Cagiao
  • Premio artista local (450,00 €) e diploma: Alfredo Hernández Perdomo

As obras foron expostas na propia Praza Maior entre as 18.00 e as 20.00 horas, nunha mostra aberta ao público que permitiu ás persoas asistentes gozar dos distintos enfoques e estilos empregados polas artistas participantes.

Desde a Concellería de Cultura salientaron a boa acollida da convocatoria e agradeceron a participación e implicación tanto das persoas artistas como da cidadanía, destacando que “a cultura ao aire libre contribúe a facer de Lugo unha cidade máis viva, creativa e compartida”.

Multimedia

  • A área de Cultura do Concello entrega os premios do 25º Certame de Pintura Rápida Cidade de Lugo
  • A área de Cultura do Concello entrega os premios do 25º Certame de Pintura Rápida Cidade de Lugo
  • A área de Cultura do Concello entrega os premios do 25º Certame de Pintura Rápida Cidade de Lugo

Noticias relacionadas