Concello e Deputación reúnense coa Protectora para avanzar na súa remodelación e estudiar o proxecto de mellora das instalacións de Muxa

O alcalde de Lugo sinalou que tras recibir o documento, os técnicos municipais están a evaluar se cumpre coa lexislación, desde o punto de vista urbanístico”.

José Tomé insistíu en que a Deputación mantén o compromiso co Concello para dar unha solución definitiva e eficaz á Protectora.

Os representantes municipal e provincial fixeron fincapé en que a Xunta de Galicia debe sumarse a este esforzo inversor conxunto. 

Mércores, 30 de abril de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Concello e Deputación reúnense coa Protectora para avanzar na súa remodelación e estudiar o proxecto de mellora das instalacións de Muxa

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, xunto ao presidente da Deputación, José Tomé, veñen de manter unha reunión co presidente da Protectora de Animais de Lugo, Alberto Losada, para avanzar na remodelación das actuais instalacións de Muxa. Miguel Fernández se comprometeu colaborar no financiamento así como a estudiar e analizar o proxecto de mellora do albergue, e de xeito moi especial a avaliar o principal escollo, a viabilidade legar dunha proposta que a Protectora entregou esta semana ao alcalde. Agora, sinala Fernández, “serán os técnicos municipais os que deberán analizar se esta solución cumpre coa lexislación, desde o punto de vista urbanístico. En calquera caso, como xa dixemos, se se confirma esta viabilidade urbanística, dende o Concello abordaremos o proxecto, agardamos que en colaboración co resto das administracións implicadas”.

Desde a Deputación de Lugo, o seu presidente, José Tomé xa deixou claro que o apoio e respaldo da institución provincial será total. “A Deputación mantén o seu compromiso co Concello para a mellora das condicións da Protectora de Animais da cidade, para dar unha solución definitiva e eficaz a esta situación”.

Neste sentido, tanto o alcalde como o presidente provincial coincidiron ao sinalar que “este compromiso tradúcese nunha vontade clara de cofinanciar as actuacións necesarias para a remodelación das instalacións, sempre dentro do marco legal vixente e garantindo a protección e benestar dos animais”.

Para José Tomé “é fundamental que todas as administracións impliquemos os recursos e a responsabilidade que nos corresponde, polo que instamos tamén á Xunta de Galicia a sumarse a este esforzo compartido, cunha implicación real e efectiva que permita avanzar nun proxecto que non pode seguir agardando”.

Miguel Fernández lembrou que ao igual que os técnicos municipais están a analizar a legalidade do proxecto, presentado ao Concello e valorado en preto de 700.000 euros, este debe contar co visto bo do resto de administracións implicadas, como é o caso da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Polo de agora se está a determinar principalmente que sexa viable desde o punto de vista urbanístico.

Por último, o rexedor municipal insistiu en que “o benestar animal é un dos compromisos e prioridades deste Goberno Local”, como se demostra coas partidas destinadas nos últimos cinco anos a colectivos que traballan neste eido, e que superaron o millón de euros, con 200.000 euros anuais para a Protectora; 30.000 para o colectivo Michos e preto de 150.000 euros para garantir a atención veterinaria a través do Rof Codina. Ademais, “a esta cantidade, -comentou o alcalde de Lugo-, e no caso específico da Protectora de Animais, nos orzamentos municipais para este 2025 se aprobou un presuposto de 500.000 euros”.

Multimedia

  • Concello e Deputación reúnense coa Protectora para avanzar na súa remodelación e estudiar o proxecto de mellora das instalacións de Muxa
  • Concello e Deputación reúnense coa Protectora para avanzar na súa remodelación e estudiar o proxecto de mellora das instalacións de Muxa

Noticias relacionadas