
A Área Recreativa de Los Robles acollerá este domingo a XXXIII edición do Triatlón do Miño, proba que contará con máis de 200 participantes. Está organizada pola AD Fefeme Triatlón do Miño, o Cidade de Lugo Fluvial e a Federación Galega de Triatlón e Pentatlón Moderno e conta coa colaboración da área de Deportes do Concello de Lugo.
O Concelleiro de Deportes, Mauricio Repetto, fixo fincapé en que “Lugo é unha cidade volcada co deporte” e lembrou que “o Triatlón do Miño é unha das probas máis veteranas do caledario deportivo lucense, galego e español que reúne a deportistas de elite na nosa cidade”.
Todas as categorías participantes realizarán o mesmo percorrido, sobre distancia sprint, percorrendo un total de 750m de natación, no río Miño, 19,5 km. de ciclismo (3 voltas) na Estrada de Ombreiro, voltarán deixar a bicicleta na transición e rematarán realizando un percorrido de 5 Km (2 voltas) de carreira a pé no paseo Fluvial do Miño.
Horarios
- 10:30h.- Saída masculina
- 12:00h.- Saída feminina
- 13:45h. – Entrega de Premios
- Distancia: Sprint: Natación 750m – Ciclismo: 19,5km – Carreira a pé: 5km