Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A XXXIII edición do Triatlon do Miño, reunirá nesta edición a máis de 200 participantes

A XXXIII edición do Triatlon do Miño, reunirá nesta edición a máis de 200 participantes

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural,
    • Deportes
Venres, 01 de xullo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A XXXIII edición do Triatlon do Miño, reunirá nesta edición a máis de 200 participantes

A Área Recreativa de Los Robles acollerá este domingo a XXXIII edición do Triatlón do Miño, proba que contará con máis de 200 participantes. Está organizada pola AD Fefeme Triatlón do Miño, o Cidade de Lugo Fluvial e a Federación Galega de Triatlón e Pentatlón Moderno e conta coa colaboración da área de Deportes do Concello de Lugo.

O Concelleiro de Deportes, Mauricio Repetto, fixo fincapé en que “Lugo é unha cidade volcada co deporte” e lembrou que “o Triatlón do Miño é unha das probas máis veteranas do caledario deportivo lucense, galego e español que reúne a deportistas de elite na nosa cidade”.

Todas as categorías participantes realizarán o mesmo percorrido, sobre distancia sprint, percorrendo  un total de 750m de natación,  no río Miño,   19,5 km. de ciclismo (3 voltas) na Estrada de Ombreiro, voltarán deixar a bicicleta na transición e rematarán realizando un percorrido de 5 Km (2 voltas) de  carreira a pé no paseo Fluvial do Miño.

Horarios

  • 10:30h.- Saída masculina
  • 12:00h.- Saída feminina
  • 13:45h. – Entrega de Premios
  •  Distancia: Sprint: Natación 750m – Ciclismo: 19,5km – Carreira a pé: 5km

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/xxxiii-edicion-do-triatlon-do-mino-reunira-nesta-edicion-mais-de-200-participantes