Xornada de cine ao aire libre mañá no CEI-NODUS para impulsar a creación de sinerxias entre persoas emprendedoras

Trátase dunha actividade de motivación organizada no marco da segunda fase do plan de plan de apoio gratuíto ao emprendemento Inicia Coworking

A proxección da película, que está aberta á participación do público en xeral, terá lugar a partir das 22:00 horas, no patio exterior deste centro. O filme que se exporá será La Red Social

Mércores, 02 de agosto de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, anunciou unha xornada de cine ao aire libre mañá xoves, 3 de agosto, no patio exterior do CEI-NODUS. Proxectarase a película La Red Social, dirixida por David Fincher, na que se pon de manifesto a importancia da redacción dun pacto de socios antes de iniciar unha actividade empresarial, e máis aínda, cando os socios son amigos. Gravada con tintes emocionais e con humor inesperado, esta película relata a creación de Facebook e as loitas pola propiedade que se desencadenaron tras o éxito imparable desta rede social. O filme é testemuña do nacemento dunha idea que cambiou radicalmente a estrutura social e que acabou coa amizadade dos seus creadores.

Trátase dunha actividade de motivación organizada no marco da segunda fase do plan de plan de apoio gratuíto ao emprendemento Inicia Coworking, impulsado polo Concello de Lugo e a Escola de Organización Industrial (EOI), que ten como finalidade impulsar a creación de sinerxias e canles comunicativas innovadoras entre as persoas emprendedoras así como establecer as bases para a creación dun ecosistema emprendedor basado en economías colaborativas. A proxección da película, que está aberta á participación do público en xeral, terá lugar a partir das 22:00 horas.

Segundo explicou Prieto, este tipo de xornadas e actividades foi unha das cuestións que os participantes pediron reforzar nesta segunda edición do Inicia Coworking, e ás que xa está dando resposta o equipo coordinador, formado por traballadores municipais e da EOI. Esta súmase a unha andaina polo río Rato, celebrada hai uns días, e unha conferencia a cargo de Ramón Suárez.

Neste nova etapa do programa toman parte 20 emprendedores, que  recibirán durante cinco meses de xeito gratuíto apoio integral, individual e personalizado aos emprendedores e emprendedoras de Lugo para poñer en marcha con éxito a súa empresa, asegurando así a súa viabilidade tanto técnica como económica.

Audio

  • A edil Ana Prieto, sobre a xornada de cine ao aire libre | Descargar mp3

Noticias relacionadas