A VII Feira Outlet, coa que colabora o Concello, reúne ata domingo na Praza Anxo Fernández Gómez 26 negocios

Venres, 14 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
imagen

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar García, e a presidenta da Asociación de Autónomas de Lugo, Nora Real, inauguraron este venres a VII Feira Outlet, coa que colabora o Concello. Na súa intervención, a rexedora agradeceu o traballo deste colectivo por potenciar o comercio lugués e por dinamizar a vida da cidade.

Dende hoxe e ata domingo, na praza Anxo Fernández Gómez, 26 negocios lucenses porán á venda stocks de zapatería, téxtil, xoiería, fogar, pel, agasallos, beleza, deporte ou accesorios de mascotas, con descontos de ata o 80%. 

Noticias relacionadas