Un percorrido por diversos espazos accesibles conmemora en Lugo o Día Mundial do Turismo

Carmen Basadre participou nestas actividades, que arrincaron ás 11:30 horas, coa presentación da nova guía da accesibilidade que elaborou o Concello coa colaboración de AUXILIA

Martes, 27 de setembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Un percorrido por diversos espazos accesibles conmemora en Lugo o Día Mundial do Turismo

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, o voceiro de accesibilidade de AUXILIA, Aquilino González, e o presidente da Plataforma Representativa Estatal de Persoas con Discapacidade Física de Galicia (PREDIF), Francisco Vieites, presentaron este martes no Salón de Comisións as actividades con motivo do Día Mundial do Turismo Accesible.

Carmen Basadre agradeceu a presenza de todas as entidades implicadas neste acto, destacando que “grazas ao traballo de todos e todas, a cidade de Lugo foi recentemente declarada Destino Turístico Accesible, debido á aposta pola eliminación de barreiras arquitectónicas, especialmente nos lugares turísticos”. Tamén agradeceu a implicación e colaboración de Aquilino González pola elaboración dunha nova Guía de Accesibilidade do Concello de Lugo.

Tras a presentación leuse un manifesto conmemorativo do acto, para posteriormente, realizar un recorrido accesible polo adarve da Muralla ata a porta de San Pedro, volvendo de novo ao punto de partida. Para pechar a xornada realizouse un brinde polo turismo accesible no Museo Provincial, rematando as actividades de celebración ás 14 horas.

Máis info

Multimedia

  • Un percorrido por diversos espazos accesibles conmemora en Lugo o Día Mundial do Turismo

Noticias relacionadas