Un catálogo recolle as obras que a mocidade de Lugo creou nas primeiras xornadas de convivencia organizadas por Xuventude

O cátalogo resume o proceso creativo que sete artistas compartiron durante varios días no CEI Nodus co fin de inspirarse, crear sinerxias e investigar novas fórmulas de traballo

Este encontro enmarcado na programación do +Xti, organizada polo Concello e subvencionada polo Plan Nacional de Drogas

Luns, 16 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Un catálogo recolle as obras que a mocidade de Lugo creou nas primeiras xornadas de convivencia organizadas por Xuventude

O Concello de Lugo, a través da área de Xuventude que dirixe Ana González Abelleira, recolle nun catálogo as obras artísticas que desenvolveron mozos e mozas lucenses, de idades comprendidas entre os 18 e 35 anos de idade, nas primeiras xornadas de convivencia entre artistas que organizou esta concellaría. Este I Encontro de Novas e Novos Creadores celebrouse do 7 ao 12 de setembro do Centro de Emprendemento Municipal (CEI Nodus).

O obxectivo deste encontro foi permitir que creadores de distintas disciplinas compartisen durante varios días procesos creativos nos que poder inspirarse, investigar novas fórmulas de traballo e vivir unha experiencia temporal que lles axudase a crecer como artistas. 

Participaron en total sete artistas, que foron previamente seleccionados, Ana María Cabanes (escultura), Ana Sánchez Varela (instalación), Antonio Giráldez (arquitectura), Hugo Lozano (literatura), Natalia Conde (Iiustración), Noemí Alvarez (fotografía) e Noemí Núlez (pintura). A acción foi comisariada por Iago Eireos.

Esta acción enmárcase na programación do +Xti, organizada polo Concello e subvencionada polo Plan Nacional de Drogas.

Imprimíronse un total de 50 unidades del catálogo, que se repartiron entre as e os 7 mozos participantes na iniciativa, pero tamén se pode consultar vía online e estará accesible a toda a cidadanía, para poder "gozar do talento xuvenil que temos en Lugo", segundo comenta a concelleira Ana González Abelleira.

O cátalogo é un resumo do que aconteceu ao longo do proceso creativo dos artistas por medio da experencia de residencia artística comunal, que se completou con visitas a diversos puntos da cidade, espazos culturais e talleres de artistas locais de renome.

Máis info

  • Catálogo do "I Encontro de Novas e Novos Creadores" | Descargar mp3

Noticias relacionadas