Rubén Arroxo: "Buscamos facilitar ao máximo a accesibilidade ás persoas con problemas de mobilidade, en todas as actuacións que realizamos, a accesibilidade é un dos puntos a revisar".
O COATLU, a través do seu gabinete de accesibilidade elaborará un informe sobre a accesibilidade nos edificios públicos municipais "para coñecer o estado real e planificar as actuacións de mellora que sexan necesarias".

O Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, xunto ao edil de Infraestruturas, Alexandre Penas, anunciaron a colaboración da Tenencia de Alcaldía co Colexo de Arquitectos Técnicos de Lugo para "elaborar un estudo sobre o estado da accesibilidade nos edificios públicos municipais", segundo explicou o Tenente de Alcalde. Arroxo explicou que o gabinete de accesibilidade do colexio visitará as distintas instalacións públicas do Concello e elaborará un informe que permitirá "coñecer de primeira man as necesidades do colectivo e das persoas con mobilidade reducida nas distintas instalacións".
Arroxo afirmou que "é necesario continuar a traballar por un concello inclusivo, no que todas as persoas teñan unha vida o máis normal posible, independentemente das súas capacidades físicas", e engadiu "é preciso cuestións importantes para toda a veciñanza de Lugo, entre estas cuestións destacan a accesibilidade e a perspectiva de xénero para facer de Lugo un lugar amable e accesible".
A Tenencia de Alcaldía traballa en todas as intervencións para "facilitar a accesibilidade e que todas as persoas poidan desfrutar dos espazos públicos independentemente dos problemas de mobilidade", explicou Arroxo. O Tenente de Alcalde afirmou que este estudo servirá para "planificar melloras" nas distintas instalacións municipais.
Audio
- O Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, sobre a accesibilidade | Descargar mp3



