A subcampiona de Europa de xadrez xoga unha partida simultánea na Praza Maior a prol da igualdade

Lara Méndez, Pablo Rivera e Pablo Castro presenciaron esta actividade de Xadrez en Igualdade, enmarcada nos actos conmemorativos do XX Aniversario da Escola Lucense de Xadrez

Martes, 04 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A subcampiona de Europa de xadrez xoga unha partida simultánea na Praza Maior a prol da igualdade

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Deputado de Deportes, Pablo Rivera, e o Presidente da Asociación Cultural Xaquedrum, Pablo Castro, presenciaron este martes na Praza Maior a partida simultánea que disputou a Subcampiona de Europa de xadrez, Sabrina Vega, dentro da actividade de Xadrez en Igualdade, enmarcada nos actos conmemorativos do XX Aniversario da Escola Lucense de Xadrez.

Neste acto, tamén estiveron presentes o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, e o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez.

Multimedia

  • A subcampiona de Europa de xadrez xoga unha partida simultánea na Praza Maior a prol da igualdade

Noticias relacionadas