A segunda edición do certame de Tik Tok #LugoPolaIgualdade, para sensibilizar sobre a trata de mulleres, xa ten gañadoras

A iniciativa formaba parte dos actos organizados polo Executivo de Lara Méndez para conmemorar o Día Internacional Contra a Explotación Sexual. 

Venres, 30 de setembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A segunda edición do certame de Tik Tok #LugoPolaIgualdade, para sensibilizar sobre a trata de mulleres, xa ten gañadoras

O concurso en TikTok #LugoPorLaIgualdad, organizado pola Concellería de Muller e Igualdade co obxectivo de sensibilizar sobre a trata de mulleres con fins de explotación sexual xa ten vídeos gañadores.

Esta actividade formaba parte dos actos que organizou o Goberno de Lara Méndez para conmemorar o Día Internacional Contra a Explotación Sexual e a Trata de Persoas, que se celebra cada 23 de setembro.

Jessica Fernández Cerdeira é a gañadora do primeiro premio deste certame, dotado con 200 euros e Elma Palomar Giménez e Liena Vicen son as gañadoras do segundo, dotado con 100 euros.

O xurado estivo formado pola Concelleira de Muller e Igualdade, Silvia Alonso, o xefe do servizo de Igualdade do Concello de Lugo, Valentín López, a directora do Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo, Marga Soilán, e a educadora social da entidade Aliad-Ultreia, que atende e acolle a mulleres vítimas de trata e explotación sexual.

As pezas gañadoras pódense ver nas seguintes ligazóns:

Noticias relacionadas