A scape-room, repite na programación de Nadal tralo éxito doutros anos, coa posta a disposición da xuventude de 168 prazas

A actividade “Misión Nadal: tralas chaves”, dirixida á mocidade, celebrarase os días 26, 27, 28 e 30, en grupos de catro a seis persoas e en horarios de mañá e tarde.

Mércores, 25 de decembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A scape-room, repite na programación de Nadal tralo éxito doutros anos, coa posta a disposición da xuventude de 168 prazas

A Área de Xuventude e Deportes organiza, dentro da programación de Nadal, a actividade “Misión Nadal: tralas chaves”, unha scape-room, que volve un ano máis á axenda lúdica e de ocio deseñada para a mocidade, tralo éxito de anteriores edicións. Esta Concellería porá a disposición de mozos e mozas, de 14 a 30 anos, un total de 168 prazas, distribuídas en catro xornadas, os días 26, 27, 28 e 30 de decembro, en grupos de catro a seis persoas, e en quendas de mañá e tarde. Así, o horario para participar nesta actividade será de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 20.00 horas. 

A scape-room levarase a cabo nas instalacións da Casa da Xuventude, onde as e os participantes deberán afrontar distintas probas que se desenvolverán en diferentes salas destas dependencias municipais. O obxectivo final, ao que se chega tras superar varios desafíos, é atopar unhas chaves que dan acceso á ultima sala, onde se atopa a derradeira das probas e que, unha vez superada, permite escapar. Para acadar o obxectivo final será necesario empregar a lóxica, o enxeño, o traballo en equipo para resolver enigmas, todo elo nun tempo limitado.

Aínda é posible inscribirse neste obradoiro, dirixido a mozos e mozas, de entre 14 e 30 anos, para o que é necesario acceder á web do Concello, na que xa están publicadas as bases e os formularios, na dirección http://formulario.xuventudelugo.gal/.

Multimedia

  • A scape-room, repite na programación de Nadal tralo éxito doutros anos, coa posta a disposición da xuventude de 168 prazas
  • A scape-room, repite na programación de Nadal tralo éxito doutros anos, coa posta a disposición da xuventude de 168 prazas

Noticias relacionadas