Rubén Arroxo visita os traballos de arqueoloxía que se levaron a cabo na Mosqueira, “que poderían ser os primeiros dunha serie”

O Tenente Alcalde destacou a importancia desta escavación, “que nos permitiu ampliar os coñecementos sobre a cimentación da Muralla neste tramo”

Trátase da primeira ocasión na que se realiza unha cata transversal na Muralla, o que permitiu aos equipos de arqueoloxia ter unha aproximaciín moi real sobre os estratos da zona

Mércores, 23 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo visita os traballos de arqueoloxía que se levaron a cabo na Mosqueira, “que poderían ser os primeiros dunha serie”

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, acompañado do concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitaron aos equipos de arqueoloxía que están a rematar as catas arqueolóxicas da Mosqueira. Arroxo destacou a importancia desta escavación, “que nos permitiu ampliar os coñecementos sobre a cimentación da Muralla, e ampliar a documentación coa que contamos sobre este treito”. O Tenente Alcalde anunciou que “os traballos realizados neste treito poderían ser os primeiros dunha serie”.

Trátase da primeira vez na que se realiza unha cata transversal na Muralla, o que permitiu aos equipos de arqueoloxía contar cunha aproximación moi real sobre a estratificación da zona e o inicio do foso. Os traballos realizados demostran que a muralla contaba cun sistema defensivo de 60 metros de ancho, que incluiría un foso duns 25 metros, un intervallum (ronda interior) de 9 metros, un lenzo de 7 metros e 6 metros de cubo. Atopáronse tamén canalizacións, o que demostraria a existencia de auga no foso, cuxa profundidade se estima en 4 ou 5 metros.

A nova praza peonil resultante será un espazo multiusos, con zonas verdes e espazo para a realización de actividades culturais e de ocio, na que se respectará a visión dos arcos da Mosqueira e do edificio racionalista do arquitecto Eloy Maquieira. Arroxo explicou que “esta actuación servirá como espello de como se pode humanizar o entorno do monumento máis importante de Lugo coa retirada de vehículos”.

Audio

  • O edil Rubén Arroxo, sobre as catas arqueolóxicas da Mosqueira | Descargar mp3

Multimedia

  • Rubén Arroxo visita os traballos de arqueoloxía que se levaron a cabo na Mosqueira, “que poderían ser os primeiros dunha serie”

Noticias relacionadas