“No ano 2020 vanse facer cambios profundos na mobilidade de Lugo e este é o que dá comezo”, indicou Rubén Arroxo
“As modificacións actuais realízanse para efectuar unha serie de melloras aproveitando o repintado da sinalización horizontal da cidade”, declarou Rubén Arroxo
- Tema

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, respostou ás declaracións do Partido Popular ao respecto das modificacións da Ordenanza de Circulación que dende a área nacionalista se están a levar a cabo. “Trátase dunha modificación puntual que realizamos para que, coincidindo co repintado da sinalización horizontal, se realicen unha serie de adaptacións”, indicou Rubén Arroxo.
“Unha vez estas modificacións se aproben, dende a área de Mobilidade comezaremos a traballar en adaptar a ordenanza para recoller nela os avances en mobilidade, como os VMP, e as modificacións que recollerá a nova lei de tráfico estatal”, indicou Rubén Arroxo, que engadiu “para esta nova ordenanza teremos en conta as propostas da corporación e buscaremos consenso para a súa aprobación”. O Tenente de Alcalde indicou que “no ano 2020 vanse facer cambios profundos na mobilidade de Lugo e este é o que dá o comezo”, ao respecto da transformación da mobilidade na que a área de Mobilidade está a traballar actualmente, cos procesos de peonalización de Quiroga Ballesteros e da Ronda da Muralla.
Rubén Arroxo indicou que “con esta modificación damos resposta ás solicitudes da veciñanza e adaptamos a sinalización á mobilidade actual”. A área de mobilidade adaptará os pasos de peóns para evitar resbalóns e caídas de ciclistas e motoristas. Ademais, as prazas para persoas con mobilidade reducida pintaranse de maneira que eviten resbalóns.
Audio
- O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, sobre as modificacións da Ordenanza de Circulación | Descargar mp3