Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rubén Arroxo: “na Ordenanza de Circulación buscaremos o consenso de toda a corporación”

Rubén Arroxo: “na Ordenanza de Circulación buscaremos o consenso de toda a corporación”

“No ano 2020 vanse facer cambios profundos na mobilidade de Lugo e este é o que dá comezo”, indicou Rubén Arroxo

“As modificacións actuais realízanse para efectuar unha serie de melloras aproveitando o repintado da sinalización horizontal da cidade”, declarou Rubén Arroxo

  • Tema
    • Seguridade,
    • Transporte
Xoves, 23 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo: “na Ordenanza de Circulación buscaremos o consenso de toda a corporación”

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, respostou ás declaracións do Partido Popular ao respecto das modificacións da Ordenanza de Circulación que dende a área nacionalista se están a levar a cabo. “Trátase dunha modificación puntual que realizamos para que, coincidindo co repintado da sinalización horizontal, se realicen unha serie de adaptacións”, indicou Rubén Arroxo.

“Unha vez estas modificacións se aproben, dende a área de Mobilidade comezaremos a traballar en adaptar a ordenanza para recoller nela os avances en mobilidade, como os VMP, e as modificacións que recollerá a nova lei de tráfico estatal”, indicou Rubén Arroxo, que engadiu “para esta nova ordenanza teremos en conta as propostas da corporación e buscaremos consenso para a súa aprobación”. O Tenente de Alcalde indicou que “no ano 2020 vanse facer cambios profundos na mobilidade de Lugo e este é o que dá o comezo”, ao respecto da transformación da mobilidade na que a área de Mobilidade está a traballar actualmente, cos procesos de peonalización de Quiroga Ballesteros e da Ronda da Muralla.

Rubén Arroxo indicou que “con esta modificación damos resposta ás solicitudes da veciñanza e adaptamos a sinalización á mobilidade actual”. A área de mobilidade adaptará os pasos de peóns para evitar resbalóns e caídas de ciclistas e motoristas. Ademais, as prazas para persoas con mobilidade reducida pintaranse de maneira que eviten resbalóns.

Audio

  • O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, sobre as modificacións da Ordenanza de Circulación | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ruben-arroxo-na-ordenanza-de-circulacion-buscaremos-o-consenso-de-toda-corporacion

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/200123_ruben_arroxo_ordenanza_circulacion.mp3