Rubén Arroxo e Maite Ferreiro presentan a tempada 2023 - 2024 da Sociedade Filarmónica de Lugo

Desde a área de Cultura do concello mantemos un ano máis o apoio a todo tipo de artes escénicas, apoiando a única programación estable de música clásica de Lugo”, afirmou Maite Ferreiro.

Celebraranse 13 concertos entre o 20 de outubro de 2023 e o 15 de maio de 2024.

A presentación contou coa presenza da deputada de Cultura, Iria Castro, xunto  con representantes da directiva da Sociedade Filarmónica de Lugo.

Mércores, 27 de setembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo e Maite Ferreiro presentan a tempada 2023 - 2024 da Sociedade Filarmónica de Lugo

Rubén Arroxo, Tenente de  Alcaldesa do Concello de Lugo, xunto coa Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro e Iria Castro, deputada de Cultura, participaron hoxe na presentación da nova tempada de concertos da Sociedade Filarmónica de Lugo. A nova tempada contará en total con 13 concertos que se celebrarán no Círculo das Artes entre o vindeiro 20 de outubro e o 15 de maio de 2024.

Maite Ferreiro lembrou que “desde a área de Cultura continuamos coa nosa aposta firme pola realización de actividades culturais de calidade demostrada a nivel galego, estatal e internacional” e engadiu “o compromiso da sociedade Filarmónica por manter esta actividade xa consolidada no calendario cultural de Lugo”.

A programación desta tempada conta con 13 concertos, achegando a Lugo a músicos destacados a nivel galego, estatal e internacional. Desde a Sociedade Filarmónica de Lugo cóntase coas tres agrupacións máis importantes de Galiza, con concertos da Real Filharmonía de Galiza, a Orquestra Sinfónica de Galiza, considerada a máis importante do estado en canto a calidade, ou a Orquestra Sinfónica Vigo 430.

Todos os concertos do ciclo terán lugar no Círculo das Artes de Lugo ás 20:00 h. A programación completa pode consultarse na web da Sociedade Filharmónica de Lugo.

Audio

  • A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre a tempada da Filarmónica | Descargar mp3

Multimedia

  • Rubén Arroxo e Maite Ferreiro presentan a tempada 2023 - 2024 da Sociedade Filarmónica de Lugo

Noticias relacionadas