Rubén Arroxo e Maite Ferreiro participaron nas actividades O laboratorio na rúa, organizadas pola USC

A actividade foi organizada polo grupo de investigadoras e investigadores da USC, que están a impulsar novas liñas de estudo sobre as causas que orixinan os defectos conxénitos de glicosación.

Arroxo destacou os proxectos de investigación levados a cabo pola USC, e destacou “o potencial das investigadoras e investigadores do campus de Lugo”.

Sábado, 19 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo e Maite Ferreiro participaron nas actividades O laboratorio na rúa, organizadas pola USC

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira de Cultura, Maite Ferreiro participaron onte nas actividades O Laboratorio na Rúa organizadas pola USC, dentro do proxecto Pelayo e o peixe cebra axudan na investigación das enfermidades raras, liderado polo campus de Lugo. Arroxo destacou “o potencial das investigadoras e investigadores do campus de Lugo”, e destacou os proxectos de investigación liderado pola USC na cidade, “que poñen a Lugo no mapa no eido da ciencia e a investigación”.

Durante a tarde de onte, as investigadoras e investigadores da Facultade de Veterinaria da USC que impulsan a iniciativa Pelayo e o peixe cebra apoian o estudo das enfermidades raras, levaron acuarios de peixe cebra dos laboratorios universitarios ata a Praza Maior para desenvolver obradoiros científicos co público máis novo. .

O peixe cebra (Danio rerio) converteuse nun organismo modelo indispensable para a investigación biomédica, xa que, a pesar de estar aparentemente moi distanciado do ser humano, posúe unha considerable homoloxía co xenoma humano. Segundo os estudos científicos realizados, o 85% de xenes que provocan enfermidades nos humanos están conservados no peixe cebra, e é utilizado na investigación pola facilidade de desenvolver modelos de peixe cebra para o estudo das enfermidades xenéticas.

Multimedia

  • Rubén Arroxo e Maite Ferreiro participaron nas actividades O laboratorio na rúa, organizadas pola USC

Noticias relacionadas