Rubén Arroxo e Maite Ferreiro asisten á inauguración da exposición do 20 aniversario do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo

Xoves, 02 de maio de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo e Maite Ferreiro asisten á inauguración da exposición do 20 aniversario do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo

O Tenente de Alcaldesa do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira responsable da área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, asistiron na Capela de Santa María á inauguración da exposición con motivo do 20 aniversario da creación do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo. Este fito representa dúas décadas de dedicación e paixón pola danza, así como un compromiso continuo coa arte e a cultura na nosa comunidade.

Maite Ferreiro destacou a importancia de impulsar a actividade do CDAN, xa que os conservatorios “son espazos fundamentais para nutrir o talento e fomentar a creatividade e desenvolvemento das e dos profesionais da danza, nunha das expresións artísticas máis fermosas á vista”, insistiu a concelleira de Cultura.

Multimedia

  • Rubén Arroxo e Maite Ferreiro asisten á inauguración da exposición do 20 aniversario do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo
  • Rubén Arroxo e Maite Ferreiro asisten á inauguración da exposición do 20 aniversario do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo

Noticias relacionadas