Rubén Arroxo e Felipe Rivas visitan o Parque Infantil de Tráfico, onde se levan a cabo actividades para escolares

O edil de educación agradeceu aos centros de ensino e ao persoal do PIT a súa implicación neste tipo de actividades

Felipe Rivas: “todos os nenos e nenas que acoden ao PIT recibiron tamén unha sesión específica sobre seguridade viaria”

Xoves, 06 de febreiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo e Felipe Rivas visitan o Parque Infantil de Tráfico, onde se levan a cabo actividades para escolares

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, acompañado do concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, visitaron o Parque Infantil de Tráfico, onde nenas e nenos de varios centros de ensino de Lugo están a desfrutar de sesións de circulación segura, dentro do programa de visitas aos colexios que dende o Parque Infantil de Tráfico se organizan anualmente. “Todos os nenos e nenas que acoden ao Parque recibiron anteriormente unha sesión específica sobre seguridade viaria no seu centro de ensino”, indicou Felipe Rivas.

“Dende a concellería de Educación realizamos estas actividades, moi solicitadas polos centros de ensino, e con popularidade entre as nenas e nenos da cidade”, indicou Felipe Rivas, que agradeceu aos centros de ensino e ao persoal do PIT a súa implicación nestas actividades.

A programación destas xornadas, como as dos cursos de verán, están amplamente consolidadas no calendario das familias e dos centros de ensino lucenses. A concellería de Educación organiza estas xornadas “para que os nenos e nenas adquiran  condutas e comportamentos seguros, ben sexa como peóns ou como persoas usuarias de transporte público ou privado”, afirmou o concelleiro de Educación.

Audio

  • O edil de Educación, Felipe Rivas, sobre a visita o PIT | Descargar mp3

Multimedia

  • Rubén Arroxo e Felipe Rivas visitan o Parque Infantil de Tráfico, onde se levan a cabo actividades para escolares

Noticias relacionadas