As probas de agility deixan na pasada fin de semana en Lugo un retorno económico duns 500.000€ e uns 11.000 visitantes

O evento, que se celebrou no Pazo de Feiras, por primeira vez na cidade, acadou un 98% en porcentaxe de satisfacción e tivo un seguimento en directo por internet de máis de 20.000 conexións

Martes, 29 de xaneiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
As probas de agility deixan na pasada fin de semana en Lugo un retorno económico duns 500.000€ e uns 11.000 visitantes

Lugo converteuse a pasada fin de semana na capital canina de España coa celebración, no Pazo de Feiras, por primeira vez na cidade, de probas de agility, puntuables para os campionatos de España e do mundo, e exposicións nacionais e internacionais de morfoloxía canina.

Cunha participación de 1386 cans de España, Francia e Portugal, esta cita, coa que colaborou o Concello e á que asistiu a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto ao Voceiro Municipal, Miguel Fernández; deixa en Lugo un retorno económico duns 500.000 euros e ao redor de 11.000 persoas visitantes. O evento, que acadou un 98% en porcentaxe de satisfacción, tivo un seguimento en directo por internet de máis de 20.000 conexións, chegando as publicacións en redes sociais a un alcance de 25.9 mil, sendo de 16.3 mil as interaccións coa publicación.

No programa enmarcábanse probas de agility o venres, sábado e domingo, o primeiro día puntuables para o Campionato de España e os outros días, selectivas para o Campionato do Mundo desta modalidade deportiva. Ademais, o sábado e o domingo tiveron lugar dúas exposicións nacionais con cans co Certificado de Aptitude de Campionato de Morfoloxía (CAC) e unha internacional con animais co Certificado de Aptitude de Campionato Internacional de Beleza (CACIB).

Noticias relacionadas