Primeira recepción oficial do alcalde de Lugo ao xefe da Policía Autonómica, Moisés Muñiz García

Abordaron as actuacións que están a contribuír ao descenso da delincuencia en Lugo, un obxectivo “no que é clave a colaboración entre os distintos corpos”, sinalou Miguel Fernández.

Mércores, 16 de abril de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Primeira recepción oficial do alcalde de Lugo ao xefe da Policía Autonómica, Moisés Muñiz García

Co obxectivo de tomar contacto cos altos mandos das forzas do orden que operan no municipio, o alcalde de Lugo, Miguel Fernández, mantivo e a primeira reunión oficial co novo xefe da Policía Autonómica, Moisés Muñiz García, que dirixe este corpo en Lugo desde o pasado mes de febreiro.

No transcurso da reunión abordaron as actuacións que están a contribuír ao descenso da delincuencia no municipio de Lugo, que o ano pasado descendeu máis dun 5,3 por cento. Neste sentido, Miguel Fernández, sinalou que “a colaboración entre as distintas forzas e corpos de seguridade do Estado é clave para facer de Lugo unha cidade máis segura e garantir a boa convivencia entre toda a súa veciñanza”.

Multimedia

  • Primeira recepción oficial do alcalde de Lugo ao xefe da Policía Autonómica, Moisés Muñiz García
  • Primeira recepción oficial do alcalde de Lugo ao xefe da Policía Autonómica, Moisés Muñiz García

Noticias relacionadas