Carmen Basadre animou a todos os lucenses a degustar as tapas do 9 ao 25 de setembro, xa que contan cunha gran variade de materias primas, presentacións e sabores

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o secretario da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería de Lugo (APEHL), Jacobo García, acudiron este xoves á Arrocería Os Cachivaches para dar o pistoletazo de saída ao XII Concurso de Tapas de Lugo, co que colabora o Concello.
A edil desexou que “este concurso sexa, como en edicións anteriores, todo un éxito, animando a todos os lucenses a que participen”. Este ano poderase escoller entre 44 establecementos da cidade, que ofrecerán distintas tapas cunha gran variedade de materias primas, presentacións e sabores.
Os hostaleiros da Arrocería Os Cachivaches amosaron a tapa que presentarán este ano ao certame, denominada Carabinieri, unha tapa chea de orixinalidade e bo gusto, cunha presentación vangardista.
Dende mañá, día 9, e ata 25 de setembro, poderanse degustar as distintas tapas que participan neste concurso, que conta con importantes premios tanto para os hostaleiros como para o público.
Máis información na web www.xantardetapas.com.