Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Pistoletazo de saída ao XII Concurso de Tapas de Lugo no establecemento gañador da anterior edición

Pistoletazo de saída ao XII Concurso de Tapas de Lugo no establecemento gañador da anterior edición

Carmen Basadre animou a todos os lucenses a degustar as tapas do 9 ao 25 de setembro, xa que contan cunha gran variade de materias primas, presentacións e sabores

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Promoción turística
Xoves, 08 de setembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Pistoletazo de saída ao XII Concurso de Tapas de Lugo no establecemento gañador da anterior edición

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o secretario da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería de Lugo (APEHL), Jacobo García, acudiron este xoves á Arrocería Os Cachivaches para dar o pistoletazo de saída ao XII Concurso de Tapas de Lugo, co que colabora o Concello.

A edil desexou que “este concurso sexa, como en edicións anteriores, todo un éxito, animando a todos os lucenses a que participen”. Este ano poderase escoller entre 44 establecementos da cidade, que ofrecerán distintas tapas cunha gran variedade de materias primas, presentacións e sabores.

Os hostaleiros da Arrocería Os Cachivaches amosaron a tapa que presentarán este ano ao certame, denominada Carabinieri, unha tapa chea de orixinalidade e bo gusto, cunha presentación vangardista.

Dende mañá, día 9, e ata 25 de setembro, poderanse degustar as distintas tapas que participan neste concurso, que conta con importantes premios tanto para os hostaleiros como para o público.

Máis información na web www.xantardetapas.com [1].


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/pistoletazo-de-saida-ao-xii-concurso-de-tapas-de-lugo-no-establecemento-ganador-da-anterior

Ligazóns:
[1] http://www.xantardetapas.com