Paula Alvarellos recibe ao presidente do Colexio Oficial de Axentes Comerciais de Lugo, Jaime Gueimonde

"Os colexios profesionais como o de Axentes Comerciais son fundamentais, ao prestar servizos esenciais e defender os intereses dos profesionais que contribúen ao progreso da nosa cidade", destacou a rexedora.

Mércores, 11 de setembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos recibe ao presidente do Colexio Oficial de Axentes Comerciais de Lugo, Jaime Gueimonde

A Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, recibiu na Casa do Concello ao presidente do Colexio Oficial de Axentes Comerciais de Lugo, Jaime Gueimonde Sierra, nun encontro no que se abordaron temas de especial relevancia para o colectivo de axentes comerciais. Entre os asuntos tratados, destacaron as oportunidades de colaboración para mellorar a situación dos axentes comerciais que operan como autónomos na provincia, así como o Plan de Impulso á Colexiación, que busca visibilizar a importancia da profesión e atraer novos profesionais.

Durante a reunión, a alcaldesa destacou que "os colexios profesionais como o de Axentes Comerciais son fundamentais, ao prestar servizos esenciais e defender os intereses dos profesionais que contribúen ao progreso da nosa cidade o que, sin dúbida contribue a fornecer a economía local". Ademais, o presidente Gueimonde Sierra informou sobre os preparativos do centenario do Colexio, que se celebrará en 2026, e puxo en valor o papel que a entidade desempeña na defensa dos seus membros, ofrecendo formación continua e apoio na adaptación aos retos dun mercado en constante cambio.

Noticias relacionadas