Paula Alvarellos mantén unha primeira reunión institucional coa Asociación de Promoción e Integración Xitana

A alcaldesa recibiu á directiva, co seu presidente Manolo Vila ao fronte, e coñeceu da súa man as principais liñas de traballo desta asociación en beneficio do pobo xitano.

Mércores, 26 de xuño de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos mantén unha primeira reunión institucional coa Asociación de Promoción e Integración Xitana

A Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, mantivo hoxe unha primeira reunión con varios integrantes da directiva da Asociación de Promoción e Integración Xitana, na que foi a súa primeira visita institucional. Coa alcaldesa estiveron o seu presidente Manuel Vila; a vicepresidenta, Ana López, e a secretaria do colectivo, Tamara Caloto.

Manolo Vila explicou á alcaldesa o traballo que levan a cabo desde esta entidade sen ánimo de lucro, e que centra a súa actividade na promoción integral das familias xitanas de Lugo, fomentando a implicación activa dos propios xitanos e a súa integración plena, ademais de dar a coñecer ao resto da sociedade os valores culturais que definen ao pobo xitano.

Pola súa banda, a Alcalesa destacou “o traballo que facemos dende o Goberno Local en materia de integración. Lugo debe seguir sendo unha cidade de todos e todas e para todos e todas”, rematou a rexedora.

Noticias relacionadas