
A Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, mantivo un encontro institucional coa presidenta da Asociación Española Contra o Cancro en Lugo, Mariluz Abella, na que falaron de varios programas e plans que leva a cabo esta asociación na cidade, moitas delas co obxectivo de previr sobre os malos hábitos de saúde. Precisamente, neste sentido, estudiaron a posibilidade de sinalizar como zonas libres de fume as contornas dos parques infantís e dos centros educativos da cidade. A alcaldesa sinalou que “se tratou dunha reunión moi cordial na que falamos de como pode axudar o Concello de Lugo a algunhas das moitas causas e iniciativas que moven o gran traballo desta asociación, tanto a nivel preventivo, como de concienciación e de tratamento e loita contra esta enfermidade”.


