
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada polo tenente de alcaldesa, Miguel Fernández, e polo Inspector, José Manuel Río Espiño, efectivizaba esta mañá a toma de posesión de dous novos axentes que se incorporarán á Administración local en comisión de servizos.
Os novos axentes son Rubén Alberto Buscañana, que procede da Policía Local do Concello de Murcia e Salvatore de Fusco, que procede da Policía Local do Concello de Sarria. A rexedora trasladou os seus parabéns aos efectivos polo seu nomeamento, desexándolles sorte no desenvolvemento do seu cometido, “dunha gran relevancia e responsabilidade, sempre ao servizo público de Lugo e da súa veciñanza”.
Deste xeito, Paula Alvarellos deu a benvida aos novos axentes e destacou o importante labor que realiza a Policía Local en prol da convivencia cidadá.

