Os peregrinos da Vía Küning poderán selar a credencial nas instalacións do Concello na Praza Maior desde o 15 de agosto

Xoves, 13 de agosto de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Os peregrinos da Vía Küning poderán selar a credencial nas instalacións do Concello na Praza Maior desde o 15 de agosto

Os peregrinos que percorren a Vía Küning poderán selar as súas credenciais nas instalacións do Concello de Lugo na Praza Maior a partir do 15 de agosto. Só deberán solicitalo á entrada da casa consistorial, de 8.30 a 15.00 horas en horario de verán.

Ademais, o Goberno de Lara Méndez, que defende a posta valor desta ruta, traballa na súa sinalización ao seu paso polo concello, onde se instalarán 43 puntos con placas indicadoras, proceso que se viu ralentizado pola pandemia.

A Vía Künig é unha variante do Camiño Francés, que percorre Pedrafita, As Nogais, Becerreá, Baralla, O Corgo e Lugo, onde enlaza co Camiño Primitivo e este, á súa vez, co Francés xa en terras de Melide.

Noticias relacionadas