As orquestras Breixa Band, La Fórmula, Compostela e Acordes, entre as agrupacións que amenizarán as verbenas do San Froilán

Estas formacións musicais actuarán os días 4, 5 e 6 de outubro, respectivamente

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, deu a coñecer as primeiras orquestas que amenizarán as verbenas do San Froilán 2015, que terá lugar entre o 3 e o 12 de outubro.

Sábado, 29 de agosto de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Trátase de La Fórmula, un conxunto musical recén formado, da orquestra Compostela, a orquesta decana de Galicia, e de Acordes e Breixa Band, dúas formacións con denominación de orixe de Lugo.

Carmen Basadre fixo fincapé nas orquestras “como prato forte dunhas festas dun marcado carácter popular”. Neste senso a edil lembrou que durante o San Froilán, todas as tardes-noites haberá verbenas, “actuacións de todo tipo para todos os gustos, que ao fin e ao cabo é o que define a estes festexos”.

A orquestra Breixa Band e La Fórmula actuarán o domingo 4, de outubro e a Compostela, o luns 5. O 6 de outubro, o Día dos Maiores, un referente dentro destes festexos declarados Festa de Interese Turístico Galego e Nacional, estará amenizado pola orquestra luguesa Acordes.

Noticias relacionadas