O Voceiro municipal reclamou "o valor dos libros como vehículo do saber compartido" na inauguración da 35ª Feira do Libro de Lugo

Martes, 16 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Voceiro municipal reclamou "o valor dos libros como vehículo do saber compartido" na inauguración da 35ª Feira do Libro de Lugo

O Voceiro Municipal, Miguel Fernández, o Vicepresidente da Federación de Libreiros de Galicia, Xosé Antón Pedreira, o Delegado Territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e a Deputada de Cultura, Pilar García, inauguraron este martes a 35ª edición da Feira do Libro de Lugo, que acollerá a Praza Maior ata o vindeiro domingo, en xornada de mañá e tarde. Ademais tamén haberá máis de trinta actividades ao redor desta feira, como presentación de libros, obradoiros, conferencias, unha gravación sobre recomendacións de lecturas, unha exposición de debuxos e un concurso de tapas, entre outras.

Durante o acto de apertura da feira, ao que tamén asistiron outros membros da Corporación Municipal, o Voceiro quixo reclamar e ponderar "o valor dos libros como vehículo do saber compartido". Ademais, o Concelleiro definiu a "nosa lingua materna como bandeira dunha cultura propia e a cultura propia como definición de país". Por último desexoulle a todas e a todos os galegos un feliz Día das Letras Galegas.

A escritora María Reimóndez foi a encargada de ler o pregón inaugural desta feira, formada por un total de 13 postos, que ofrecen un 10% de descontos en todos os libros.

Multimedia

  • O Voceiro municipal reclamou "o valor dos libros como vehículo do saber compartido" na inauguración da 35ª Feira do Libro de Lugo

Noticias relacionadas