O Vello Cárcere acolle este venres unha nova actividade do Arde Lvcvs Cvltural

O cadeirádego emérito Antonio Rodríguez Colmenero falará sobre o faro romano de Birgantium Flavium e a súa relación coa ciade de Lucus Augusti

A entrada é libre e o aforo, limitado a 29 persoas, se cubrirá por orde de chegada

Xoves, 29 de outubro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Vello Cárcere acolle este venres unha nova actividade do Arde Lvcvs Cvltural

A programación do Arde Lvcvs Cvltvral, que comezou o pasado mes de setembro con actividades adaptadas ao novo escenario provocado pola Covid-19, e respectando as restricións sanitarias de cada momento, ofrece este venres, 30 de outubro, no Vello Cárcere unha conferencia.

Trátase dunha charla enmarcada no ciclo que organiza o Concello de Lugo xunto á Cohors III Lucensium, e que terá lugar os días 30 de cada mes ata decembro, ás 20:00 horas, nas instalacións do Vello Cárcere.

Este venres, o cadeirádego emérito e profesor investigador ad honorem da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio Rodríguez Colmenero falará sobre o faro romano de Birgantium Flavium e a súa relación coa ciade de Lucus Augusti.

A entrada é libre e o aforo estará limitado a 29 prazas que se cubrirán por orde de chegada.

Noticias relacionadas