O Tour do Talento de Lugo despregará máis de 50 actividades dirixidas a potenciar o futuro profesional dos mozos e mozas

O evento, que promove a Fundación Princesa de Girona, da man do Concello incluirá foros, debates, talent sessions e unha ampla programación de lecer e actividades deportivas.

O obxectivo desta iniciativa é potenciar e reter o talento local, conectando á xuventude coas empresas e coas tendencias que determinan a novo paradigma laboral.

Lara Méndez destacou a súa importancia “non só para visibilizar o noso potencial educativo e talento xuvenil, senón tamén para poñer unha vez máis a Lugo no mapa nacional”

O venres, 5 de maio, terá lugar o acto central no auditorio municipal co anuncio do Premio Princesa de Girona de Investigación Científica.

Venres, 21 de abril de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Tour do Talento de Lugo despregará máis de 50 actividades dirixidas a potenciar o futuro profesional dos mozos e mozas

A cidade de Lugo acollerá do 2 ao 7 de maio a cuarta parada do Tour do Talento 2023. Durante unha semana, organizaranse máis de 50 actividades, entre as que destacan foros, talent sessions e unha programación de lecer e actividades deportivas en diferentes espazos da cidade para impulsar e conectar o talento da  mocidade. O Tour do Talento en Lugo, promovido pola Fundación Princesa de Xirona, organízase da man do Concello de Lugo e TRIVU como aliado estratéxico.

Despois de pasar por Zaragoza (do 20 ao 24 de febreiro), Valladolid (do 13 ao 18 de marzo) e Córdoba (do 13 ao 19 de abril), o Circuíto chega a Lugo cun programa enfocado a potenciar a empregabilidade, o emprendemento, os traballos do futuro, as competencias profesionais máis demandadas polas empresas, o awareness dixital, a educación, o benestar e o impacto social.  Ademais, o Circuíto despregará un contido específico sobre tecnoloxía e sustentabilidade aplicadas a distintos ámbitos en xeral e ao deporte en particular.

Ao longo de seis días, os mozos poderán gozar de sesións inspiradoras, debates e talleres, xunto a unha programación de lecer e actividades deportivas, entre máis de 50 actividades que se programaron, todas elas gratuítas e abertas ao público, con aforo limitado. Para participar nos distintos talleres é necesaria a inscrición na web https://tourdeltalento.org/es/evento/lugo/.

Este venres tivo lugar a presentación oficial da programación na que participou a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada dos concelleiros de Xuventude e Deportes, Mauricio Repetto; e Desenvolvemento Local e Emprego, Ana González Abelleira. Tamén asistiron o director do Tour, Jordi Estruga, e a directora de Premios da Fundación Princesa de Girona, Íngrid Aznar, xunto a representantes de entidades colaboradoras e que participarán na programación.

Lara Méndez incidiu “ na importancia que ten esta iniciativa para a cidade, non só para visibilizar todo o noso potencial educativo e de talento xuvenil, senón tamén para poñer unha vez máis a Lugo no mapa nacional, xa que se trata dun evento de gran transcendencia e notoriedade”.

A rexedora apuntou que “quixemos queremos dar voz a todos os axentes sociais e colectivos da nosa cidade que traballan  e, por iso, o programa que vimos de presentar é froito das numersosas reunións e encontros que mantivemos nos últimos meses co tecido académico (universidades, centros de formación profesional, institutos, etc); empresarial e asociativo lucense”.

Neste senso, agradeceu “a súa colaboración para deseñar axenda de actividades que darán forma ao Tour en Lugo, que incluirá talleres, exposicións e unha ampla oferta de contidos formativos, de desenvolvemento persoal e de ocio dirixidos, principalmente, á xuventude, e que, de seguro, será un éxito”.

Pola súa banda, o director do Tour do Talento, Jordi Estruga, manifestou que “queremos que o Circuíto do Talento en Lugo sexa un punto de encontro de empresas, centros educativos, entidades locais, e expertos de distintas disciplinas (tecnoloxía, sustentabilidade, creación artística, deporte…) no que os mozos poidan descubrir novas oportunidades de desenvolvemento”.

Estruga, ademais, explicou que “desde as primeiras reunións de preparación do Tour fomos moi conscientes da importancia que ten o deporte en Lugo, e para iso incorporamos ao programa unha xornada dedicada a analizar os valores do deporte desde distintas perspectivas e como estes se vinculan co mundo empresarial”.

Un proxecto de cidade

O Circuíto do Talento na cidade de Lugo conta coa colaboración do Concello de Lugo como coorganizador do evento e a colaboración de Fundación Vertex Bioenergy, Norvento Enerxía, a Xunta de Galicia, ademais da Universidade de Santiago e Campus Terra.

Os Proxectos especiais do Tour do Talento Lugo, o Congreso Importa e o programa CodGo!, realízanse grazas a Telefónica, Novantia, GRI Renewable Industries, Caixabank, imagin e Fundación Banco Sabadell.

Localizacións do Tour do Talento Lugo 2023

O Auditorio Gustavo Freire acollerá o acto central do Tour xunto co Congreso Importa e a Proclamación do Premio Princesa de Girona de Investigación Científica. O Museo Interactivo Historia de Lugo e Impulso Verde Lugo acollerán os foros, talent sessions, mesas de debate, talleres prácticos e conferencias inspiradoras da cuarta parada do Tour do Talento.

O Vello Cárcere e unha carpa que se instalará na Praza Horta do Semianario albergarán o resto das actividades educativas, lúdicas e deportivas que terán lugar ao longo desta semana de celebración do talento local, xunto coa Casa da Xuventude, onde haberá unha exposición de artes plásticas. Tamén haberá visitas a Inditex Arteixo, Norvento, o Campus Terra da USC, Vertex Bionergy e outros espazos da cidade de Lugo.

Programación

A programación do Tour do Talento en Lugo arrinca o martes 2 de maio coa Feira Campus Terra, unha xornada de encontro entre alumnos de educación secundaria e as diferentes escolas e facultades que compoñen o Campus de Lugo, co obxectivo de que o alumnado explore posibles vías na súa carreira formativa.  Por outra banda, tamén se realizará unha visita guiada sobre emprego e sustentabilidade, unha exposición dos antigos estudantes da Escola de Arte Ramón Falcón, así como talleres e mesas redondas de artistas, entre outras actividades.

A segunda xornada do Tour, o mércores 3 de maio, estará marcada por un Foro de Desenvolvemento de Talento onde levará a cabo un Focus Group sobre innovación, talento e propósito da man de Ou4I, Norvento Enerxía e Avincis. Esta sesión forma parte do proxecto Códgo!, unha iniciativa que é posible grazas á alianza entre a Fundación Princesa de Girona e  Harbour Space University e coa colaboración de Fundación Banco Sabadell para contribuír ao desenvolvemento tecnolóxico dos mozos e das aulas a través de formacións disruptivas que contribuirán a expandir a linguaxe da programación.

Ademais, terá lugar unha “Feira de Emprendedoras” que versará sobre innovación, sustentabilidade e economía circular onde as empresas convidadas, lideradas todas elas por mulleres, mostrarán os produtos ou servizos que comercializan, interactuando co público.  Paralelamente á feira, organizaranse dúas mesas redondas onde emprendedoras de referencia expoñerán a súa experiencia á hora de emprender e con que retos atopáronse nese camiño.

Un día máis tarde, o xoves 4 de maio, levará a cabo un “Encontro de docentes que deixan pegada” dinamizado por Esteve López, formador de claustros e equipos directivos en Fundación Trilema, e María Batet, formadora en creatividade e emprendemento; un foro sobre Ecuación Talento onde se falará dos valores que inculca o deporte, e que tamén se aplican a outros aspectos da vida como na educación ou nas empresas, da  man de xogadores, adestradores e profesionais de distintas empresas. O compromiso da Fundación Princesa de Girona por achegar as carreiras STEAM aos mozos, e ás mulleres en particular, plasmarase cunha expedición tecnolóxica a Vertex Bionergy, así como a Norvento Enerxía para completar a proposta de actividades.

Acto central e anuncio do Premio Princesa de Girona Investigación Científica

No ecuador do Tour do Talento Lugo 2023, o venres 5 de maio, terá lugar o acto central no Auditorio Municipal Gustavo Freire, onde se desvelará tamén o fallo do Premio Princesa de Girona Investigación Científica 2023 da man dun xurado de expertos e premiados da fundación de anos anteriores. Antes do acto central do Tour do Talento de Lugo terá lugar no mesmo auditorio o Congreso «Importa», da man da Fundación O que de verdade importa (LQDVI) e ofrecerá unha serie de charlas que achegarán aos novos valores como a tolerancia, a superación, o respecto ou a solidariedade. Dani Caverzaschi, tenista español número 1 nacional e o 14 a nivel mundial e unha das promesas do deporte paralímpico español e Antonio Espinosa, CEO de Aura, empresa social cuxo fin é financiar proxectos de acceso a auga potable, protagonizarán o encontro.

Outras actividades destacadas

A fin de semana estará repleta de actividades lúdicas e formativas. Haberá un campionato 3x3 de baloncesto na rúa, ao que se convidará a todos os e as lucenses a participar, dirixido pola Fundación Breogán, ou o XXI Circuito Larsa Corre con Nós.

Por outra banda, o Tour conta en cada cidade coa implicación dos propios mozos locais que interveñen na organización de actividades. No caso de Lugo, a Concellería de Desenvolvemento Local propuxo o reto: “Lugo a Cidade que imaxinas e na que queres vivir” para que distintos centros educativos da cidade realicen as súas propostas para desenvolver melloras en aspectos clave como a mobilidade, o urbanismo, o emprendemento, o benestar cidadán ou o lecer.

Distintos equipos formados por tres estudantes e un docente desenvolverán as súas propostas ao longo de dúas semanas e expoñerán os seus proxectos durante a tarde do venres, 5 de maio, na carpa do Seminario.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre a presentación do Tour do Talento | Descargar mp3

Multimedia

  • O Tour do Talento de Lugo despregará máis de 50 actividades dirixidas a potenciar o futuro profesional dos mozos e mozas
  • O Tour do Talento de Lugo despregará máis de 50 actividades dirixidas a potenciar o futuro profesional dos mozos e mozas

Noticias relacionadas