Ana Abelleira recibiu a ambos os grupos, que se atopan de intercambio no instituto lugués Virxe dos Ollos Grandes
Luns, 09 de abril de 2018
Fonte:
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, recibiu este luns, no Salón de Pleos do Concello, a uns 50 alumnos e alumnas que participan no intercambio entre o instituto lugués Virxe dos Ollos Grandes e o centro francés Lycée Joseph Saverne (L`Isle Jourdan) e o sueco de Tibble Gymnasium (Täby). No encontro, no que participou profesorado dos tres centros, a edil deulle a benvida a ambos grupos , explicándolles os principais atractivos de Lugo.