O obradoiro de danza achega o hip hop, o locking ou o funk dos bailes urbanos á Casa da Xuventude, para aprender coreografías grupais

Aínda é posible apuntarse para este curso, que se desenvolverá durante os días 26, 27, 28 e 30, de 17.00 a 18.00 horas, e para o que non hai límite de aforo.

Luns, 23 de decembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Área de Xuventude e Deportes organiza, dentro da programación de Nadal, un obradoiro de danza para aprender coreografías grupais de bailes urbanos, con música de Nadal, nos que se impartirán nocións básicas de hip hop, lockings, funk ou waaking, entre outros estilos que caracterizan e conforman os bailes urbanos. Trátase dunha das novidades da programación de Nadal deseñada desde o Concello de Lugo, dirixida a mozos e mozas, e que pese a variedade de estilos será sinxela e doada e para a que non hai que ter nocións previas de danza. 

Aínda é posible inscribirse neste obradoiro, dirixido a mozos e mozas, de entre 14 e 30 anos, para o que é necesario acceder á web do Concello, na que xa están publicadas as bases e os formularios, na dirección http://formulario.xuventudelugo.gal/. Para esta actividade non hai límite de aforo.

Noticias relacionadas