O MIHL, punto de encontro das obras de 47 artistas de toda España

A mostra Xuntanza poderá visitarse ata o 29 de novembro, de martes a sábado, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas. O luns permanecerá pechada ao público. A entrada é de balde

Mércores, 04 de novembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O MIHL, punto de encontro das obras de 47 artistas de toda España

O Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) estreou este mércores a exposición Xuntanza, unha mostra multidisciplinar na que conflúen 47 obras doutros tantos artistas de toda España, que baixo as máis diversas técnicas e tendencias de arte contemporánea “van dende o realismo máis minucioso á abstracción máis ousada, con referencias a todas as épocas e culturas”, tal e como a describiu a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre.

A mostra Xuntanza recolle dende esculturas a pinturas, pasando por fotografías de 47 artistas descoñecidos, recoñecidos, laureados e emerxentes, 26 deles lucenses. As obras son creacións dos artistas Xosé Azar, Carlos Ballesteros, Alfredo Bongianni, Quique Bordell, Alejandro Carro, Santiago Catalán, José Manuel Chamorro, Aurora Charlo, Alicia da Col Olivotti, Dupont, Iago Eireos, Fina Eirós, Omar Guerrero, Araceli Fernández, Isabel Flórez, Rosa Gallego, Joaquín García, Roberto González, Manuel Gracia, Dolores Guerrero, Carla Hoet, Honorio, Lomarti, Germán Limeres, David Llorente, Adriana Berges, Raquel Mayor, Sacramento Muñoz, Antonio Murado, Miguel Anxo Macía, Juan de la Cruz, Enrique Pedrero, Soledad Penalta, Noa Persán, Baldomero Pestana, Iván Prieto, Xosé Reigosa, Pablo Reviriego, Justo Revilla, Peña Romay, María José Santiso, Isabel Somoza, Joaquín Ureña, Carlos Valcárcel, Xoán Vila, Christitan Villamide e Fernando Villapol. 

Horarios da exposición

Xuntanza poderase visitar ata o 29 de novembro, de martes a sábado, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas. O luns permanecerá pechada ao público. A entrada é de balde.

Multimedia

  • O MIHL, punto de encontro das obras de 47 artistas de toda España

Noticias relacionadas