Miguel Fernández inaugurou esta mostra, que se suma á exposición de pintura A corazón aberto, que reúne preto de 30 pinturas da galega Cruz Vázquez
Martes, 12 de xullo de 2016
Fonte:
Gabinete de Prensa
O voceiro municipal, Miguel Fernández, inaugurou este martes a exposición de pintura do artista Víctor Vila Fouz, no MIHL. Trátase dunha exposición que acolle varias paisaxes ao óleo, nas que o autor reflexa o mundo rural galego dende a súa particular visión. Esta mostra súmase á exposición inaugurada a pasada semana, A corazón aberto, que reúne preto de 30 pinturas da galega Cruz Vázquez. A mostra poderase visitar no MIHL, de martes a sábado, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas. A entrada é de balde.