O MIHL acolle a exposición Charly 100%, que reúne retratos de Juan Carlos Martínez Valcárcel

Carmen Basadre inaugurou a mostra, que ofrece unha visión panorámica de personaxes míticos no campo da música, o cine, as ciencias ou as artes en xeral

A exposición poderá visitarse de martes a sábado, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas. A entrada é de balde

Sábado, 19 de setembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O MIHL acolle a exposición Charly 100%

A Concelleira de Cultura, Turismo Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, inaugurou hoxe unha nova mostra no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), Charly 100%, que reúne retratos de Juan Carlos Martínez Valcárcel. A exposición ofrece unha visión panorámica daqueles personaxes que alcanzaron a condición de míticos ao longo do pasado século e o comezo do actual no campo da música, o cine, as ciencias, a televisión e as artes en xeral.

A mostra foi posible grazas a modernas técnicas artísticas dixitais, que lle permitiron ao autor recrear as imaxes de grandes personaxes da literarura, das artes e do espectáculo, entre outras, con visións moi propias e singulares que dan lugar a uns retratos de grande impacto polo seu robusto debuxo e o seu potente contido.

No acto de presentación, Basadre destacou que “a exposición é o froito dun esforzo continuado e dunha vocación auténtica e irrefutable, porque Juan Carlos é, antes que nada, un apaixoado explorador da imaxe”.

O autor

Juan Carlos Martínez Valcárcel, máis coñecido por Charlye, é un artista múltiple nado nas Palmas de Gran Canaria, que xa no ano 1984 formou parte do grupo lugués de Break dance Break Sky Masters e que compuxo a letra e a música de cancións que gravou en versión galega e castelá na compañía discográfica Sons Galiza. Actualmente adícase de maneira profesional ao deseño gráfico e á ensinanza, ademais de á creación artística de inspiración persoal.

Horarios

Charly 100% poderase visitar de martes a sábado, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas. O luns permanecerá pechada ao público. A entrada é de balde.

Máis información

Descargar folleto

Noticias relacionadas