O II Festival de Blues do Concello e Deputación presenta sete concertos co mellor do panorama nacional e internacional

Carmen Basadre e Pilar García presentaron este martes a programación musical, totalmente gratuíta, que terá lugar os días 20 e 21 de xullo, na praza da Soidade da capital lucense

Travellin´Brothers, Aurora &The Betrayers, The Cyborgs, Soouthern Avenue, Laurence Jones, Dani Nel. Lo & Los saxofonistas Salvajes, son os músicos desta edición

O festival compleméntase cunha masterclass gratuíta, o 21 de xullo ás 12:00 horas, no Museo Provincial, impartida polo mellor guitarrista Europeo do ano, Laurence Jones. Inscricións en cultura@deputacionlugo.org

Martes, 03 de xullo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O II Festival de Blues do Concello e Deputación presenta sete concertos co mellor do panorama nacional e internacional

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e a Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García, presentaron este martes o Blues Museum. Trátase da segunda edición do Festival Internacional de Blues de Lugo, totalmente gratuíto, que organiza o  Concello e a Deputación, os días 20 e 21 de xullo, na praza da Soidade da capital lucense. Esta nova programación musical conta cos artistas máis punteiros do blues así como as novas promesas deste repertorio, chegados de distintos puntos do mundo, como Estados Unidos, Italia, Inglaterra ou España.

O Festival Internacional de Blues compleméntase cunha masterclass gratuíta, o sábado 21 de xullo, ás 12:00 horas, impartida polo mellor guitarrista europeo do ano Laurence Jones, nos xardíns do Museo Provincial de Lugo. Hai 50 prazas. Os interesados poden inscribirse en cultura@deputacionlugo.org.

No acto, Carmen Basadre sinalou que "este Festival converte a Lugo nun punto de encontro no que, ademais de desfrutar do blues, todos os visitantes poderán coñecer as nosas riquezas turísticas, a nosa gastronomía, a cultura e, por suposto, o noso rico e extenso patrimonio".

Pola súa banda, Pilar García avanzou que “a capital da provincia vai ser o escenario de sete concertos co mellor do panorama nacional e internacional, propoñendo unha alternativa musical de primeiro nivel durante eses días en Lugo”.

Programación

O II Festival Blues Museum contará con 7 concertos de grupos e artistas internacionais, procedentes Estados Unidos, Italia, Inglaterra, así como doutros puntos de España como o Pais Vasco, Cataluña e Madrid. A programación é a seguinte:

O venres 20 de xullo na Praza da Soidade

- Ás 21:30 horas os vascos Travellin´Brothers.

No ano 2015 foi premiada como a Mellor Banda Europea, e a súa presenza é constante en festivais internacionais. Ata o de agora levan publicados 8 discos, e participaron en máis de 1.000 concertos, unha banda que xa ten a matricula de honra no escenario.

- A continuación Aurora & The Betrayers

Aurora García é unha xove cantante madrileña consagrada como unha das voces mais convincentes da escena da musica negra. En Lugo presentarán o seu ultimo traballo, no que apostan pola importancia da canción, con composicións equilibradas e directas. No seus directos consigue un son que bebe dos clásicos pero que esta en constante busqueda de sonoridades actuais.

- Para rematar a primeira xornada os italianos The Cyborgs

Este potente dúo sorprende e fascina a primeira visa e representa unha rara avis na escena italiana e europea de Blues. Levan a paixón, diversión, enerxía, ironía, é o que ofrecen en canda concerto, o que os converte nunha auténtica festa para todos os sentidos. No seu repertorio levan unha proposta que nace do blues máis clásico, enmarcado con funk e punk moderno.

O sábado 21 de xullo

MasterClass nos Xardíns do Museo Provincial

-As 12:00 horas haberá unha masterclass gratuíta, nos xardíns do Museo Provincial, impartida polo mellor guitarrista Europeo do ano Laurence Jones. Inscricións en cultura@deputacionlugo.org

Sesión vermú na Praza de Campo Castillo

- Ás 13:45 horas sesión vermú en Campo Castillo con Cyborg

O duo italiano volve a actuar na sesión vermú, esta vez nun novo enclave, na Praza de Campo Castillo para amenizar esta xornada.

Na Praza da Soidade

- Ás 21:30 horas actúan os estadounidenses Southern Avenue

Este é o primeiro concerto que celebran en Europa. Con só dous anos no escenario convertéronse na banda de blues máis relevante e popular de Memphis. Ademais foron finalistas no Internacional Blues Challengue de 2016, e co seu primeiro traballo situado no n.1 do Itunes Blues Chart. No escenario levan un directo impactante, fresco e en perfecta unión co publico. Segundo os expertos, estamos diante dunhas bandas que marcará os designios do xénero nos vindeiros anos.

- A continuación o mellor guitarrista Europeo do ano, Laurence Jones

Esta considerado o mellor guitarrista europeo nos premios European Blues Awards. Con só 25 anos é unha das figuras actuais do Blues. Acaba de asinar un convenio con Sony Music, recorventendo en cuarteto a súa banda, e coa incorporación de dous músicos de primeiro nivel con Gregg Smith e o teclista Bennet Holland.

- Pechan o Festival os cataláns Dani Nel.Lo & Los Saxofonistas Salvajes

Esta banda presenta en Lugo o seu directo salvaxe. Este proxecto estreouse no ano 2017, no que un dos seus activos e coñecidos musicos da escea catalana é o saxofonista Danil Nel.Lo, tanto polas súas formacións (Los Rebeldes, Mambo Jambo, Nel.Lo e a banda del Zoco. Este grupo versiona aos seus heroes “saxofonisticos”, creando unha linguaxe musical unica a través do saxo.

Noticias relacionadas