O Goberno de Lara Méndez sacará a licitación en setembro o contrato para a xestión da cafetería do Vello Cárcere

A área de contratación ultima nestes momentos a redacción dos pregos, actualizados para adecuarse non só ás inquedanzas do sector senón tamén á nova situación de pandemia.

 O procedemento continúa así a súa tramitación administrativa logo de que o Executivo local investise preto de 30.000 euros durante o ano pasado para mellorar as instalacións.

Sábado, 21 de agosto de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno de Lara Méndez sacará a licitación en setembro o contrato para a xestión da cafetería do Vello Cárcere

O Goberno de Lara Méndez sacará a licitación, nas vindeiras semanas, o contrato para a xestión da cafetería do Vello Cárcere.

A área de contratación ultima nestes momentos a redacción dos pregos, actualizados para adecuarse non só ás inquedanzas do sector senón tamén á nova situación de pandemia.

Dende o Executivo local explican que, “a pesar de que as bases xa estaban moi adiantadas en 2020, a aparición, en marzo, da COVID 19 e as restricións, tan cambiantes, que se foron impoñendo á hostalaría, deixou o proceso nun impás, ante a incertidume da viabilidade que terían estes negocios mentres durase a crise sanitaria”, indicou a tenente de alcaldesa, Paula Alvarellos.

 “Toda vez que comenzamos a recuperar, pouco a pouco a normalidade, a tramitación administrativa do procedemento foi reactivada con celereidade, introducindo, ademais, novos aspectos que, por unha banda fagan a adxudicación máis atrativa para o empresariado local e, pola outra, se adecúen ao contexto social actual”, referiu a concelleira de Gobernanza.

Alvarellos Fondo lembrou tamén que, con ese obxectivo, durante o pasado exercicio o Executivo local investiu preto de 30.000 euros para mellorar e modernizar as instalacións, ás que se dotou dun acceso independente, nun dos laterais do inmoble, orientado a que a apertura e peche do local non estivera condicionado ao horario do recinto cultural.

“A nosa vontade é poder levar xa en setembro á Xunta de Goberno a apertura desta contratación coa que pretendemos non só contribuír a dinamizar a economía do municipio, ampliando a oferta hostaleira da cidade e ofrecendo unhas boas condicións, interesantes para a súa explotación comercial, senón tamén poñendo a disposición das e dos lucenses un espazo que, pola súa situación e configuración, se converterá seguro nun novo polo turístico co que poñer en valor todo o patrimonio histórico, artístico e paisaxístico local”, concluíu a concelleira.

Audio

  • A concelleira de Gobernanza, Paula Alvarellos, sobre a licitación da cafetería do Vello Cárcere en setembro  | Descargar mp3

Noticias relacionadas