A área de Medio Ambiente do Concello de Lugo e a Asociación Protectora de Gatos da Rúa “Michos” traballarán xuntos na xestión das colonias destes animais que existen na cidade.
A Xunta de Goberno Local aprobou no día de onte tres licenzas para acometer diferentes actuacións urbanísticas no termo municipal.

A Xunta de Goberno Local aprobou no día de onte, o convenio de colaboración entre o Concello e Asociación Protectora de Gatos da Rúa “Michos” para a xestión das colonias de gatos na cidade. O acordo orzamentario entre o equipo de goberno e a asociación fixo posible que, novamente, a achega económica asignada a este convenio ascendera a 15.000 euros, o que “permitirá impulsar un amplo abanico de actuacións” explicaba a rexedora lucense.
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez destacaba que “o labor de xestión de colonias de gatos abarca cuestións como a captura de exemplares, o seu traslado, a análise do seu estado xeral, a realización dos tratamentos veterinarios que se requiran, a esterilización, a marcaxe e solta dos animais, así como labores de alimentación, seguimento e control das esterilizacións, aplicación de medidas hixiénicas e vixilancia das condicións de salubridade e benestar das colonias na súa contorna”.
O obxectivo deste convenio é acadar a diminución do número de integrantes dos grupos, á vez que se supervisan sanitariamente incorporando á súa vez o desenvolvemento das redes de voluntariado para a xestión de colonias de gatos urbanos, así como facendo posible o mantemento dun sistema en rede que fomente e xestione as adopcións daqueles gatos que sexan susceptibles de selo.
Xa noutra orde de asuntos, na sesión desta semana procedeuse á penalización a empresa encargada da subministración de 48 traxes de intervención con arnés para o servizo de prevención, extinción de incendios do Concello de Lugo, cunha sanción de 2.436,48€ a razón de 51,84 euros por 47 días de retraso no plazo de entrega dos mesmos. Así como a aprobación da contratación de placas balísticas e pezas de uniformidade para a Policia Local por importe de 44.664 e 36.931 respectivamente.
Aprobáronse duas licenzas para acometer diferentes actuacións urbanísticas no termo municipal, concretamente, unha rampla de acceso á Igrexa de Santiago A Nova; unha actuación de mellora nun edificio de vivendas sito na rúa Oribio cun orzamento de obra de 14.420€ e unha rehabilitación nunha vivenda unifamiliar na rúa Ramón Montenegro cuxo presuposto de obra ascende a 164.720,88€.
Así como, o compromiso de incorporación dunha praza de arquitecto na próxima oferta pública de emprego ca finalidade de reforzar o mesmo, un servizo transversal que da apoio ao resto das áreas do Concello de Lugo.