O fútbol sala locerá en maio e xuño en Lugo co XVII Torneo Futsal Prebenxamín, co que colabora o Concello

Miguel Fernández, Ovidio Pérez e Manuel Vázquez presentaron esta competición deportiva que terá lugar os sábados 7, 14, 21 e 28 de maio e o 4 e o 11 de xuño no Centro Deportivo Terra e noutras instalacións municipais

Martes, 12 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O fútbol sala locerá en maio e xuño en Lugo co XVII Torneo Futsal Prebenxamín, co que colabora o Concello

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, o presidente do Prone Lugo, Ovidio Pérez, e un membro da directiva deste club, Manuel Vázquez, presentaron este martes no Salón de Plenos o XVII Torneo Futsal Prebenxamín, que organiza o club coa colaboración do Concello os sábados dos meses de maio e xuño, concretamente os días 7, 14, 21 e 28 de maio e o 4 e o 11 de xuño, no Centro Deportivo Terra e noutras instalacións municipais. “Enmárcase no noso compromiso por fomentar o deporte de base, sinal de identidade desta Concellería de Deportes”, destacou Fernández, quen fixo fincapé no potencial deste torneo, que abre as portas de Lugo ao resto dos municipios e cidades das que proveñen os participantes.

No acto de presentación, Miguel Fernández tamén subliñou a traxectoria deste torneo, que chega este ano á súa edición número 17, ao tempo que felicitou ao Prone polo traballo que leva coa canteira base e os animou a seguir coa súa liña de traballar. O edil, quen augurou un éxito deportivo e de público a este torneo, convidou aos máis pequenos a participar nesta competición, que será o remate da tempada de fútbol sala.

Pola súa banda, os mebros do Prone Lugo, que agardan a participación duns 40 equipos e ao redor de 600 xogadores, que disputarán sobre uns 270 partidos, insistiron na importancia do deporte base ao tempo que agradeceron a colaboración do Concello con este torneo e o respeto da institución co deporte base. Ademais, deron a coñecer as novidades desta edición, que pasan pola inscrición a través da plataforma de xestión de eventos Leverade. O club tamén facilitará o acceso gratuíto aos participantes e aos seus familiares e clubes á aplicación de hátitos saudables Pronetalent. Outra das novidades será a retransmisión das fases finais por vía streaming.

Inscricións

Neste torneo poderán participar todos aqueles nenos e nenas nados entre o 2008 e o 2011. A incrición é totalmente gratuíta e pode facerse ao longo do mes de abril en Leverade. Máis información en eventos@pronelugofs.es ou no teléfono 672-357-217.

Audio

  • Miguel Fernández, sobre o XVII Torneo Futsal Prebenxamín|Descargar mp3

Noticias relacionadas